Castro de Troña
Coordenadas: 42°12′50.11″N 08°29′24.56″W / 42.2139194°N 8.4901556°W
| Castro de Troña | |
|---|---|
| Concello: | Ponteareas |
| Cronoloxía | |
| Datas de ocupación: | 450 a.C. - século I d.C. |
| Data da descuberta: | Principios do século XX |
| Períodos de escavación: | 1927 - 1930 1981 - 1991 |
| Estado actual: | parcialmente escavado. Visitable |
| Extensión estimada: | ? ha. |
| Véxase tamén: Castros de Galicia | |
O Castro de Troña é un xacemento arqueolóxico, un castro galaico pertencente á cultura castrexa, situado na parroquia de Pías (Ponteareas), é un bo exemplo de "castro cristianizado" coa construción dunha capela na súa croa.[1] É un Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento dende o ano 2009.[2]
Índice |
[editar] Situación
O xacemento sitúase no cumio do monte do Doce Nome de Xesús xunto coa ermida do mesmo nome, na parroquia de Santa Mariña de Pías, concello de Ponteareas.
[editar] Escavacións arqueolóxicas
A principios do século XX e como consecuencia da construción dun camiño cara ó monte e o acondicionamento do seu cumio, chegaron as primeiras noticias sobre o castro. Porén, houbo que esperar ata o ano 1927 para que se iniciasen as primeiras escavacións sistemáticas que foron dirixidas polos arqueólogos Luis Pericot e Florentino López Cuevillas ata o ano 1930.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Castro de Troña.
[editar] Notas
- ↑ Como ocorre con moitos outros castros galegos, por exemplo, o da Cameixa en Boborás (cun cruceiro) ou o de Santa Mariña na Estrada.
- ↑ DECRETO 403/2009, do 22 de outubro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o castro de Troña, no termo municipal de Ponteareas, na provincia de Pontevedra
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Barciela Garrido, Pilar e Rey Seara, Eusebio (2000): Xacementos arqueolóxicos de Galicia. Edicións Xerais de Galicia, Colección Roteiros. páxs. 194-199. ISBN 84-8302-484-5
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Páxina do castro de Troña na web de Turgalicia
| Arquitectura prehistórica de Galicia | |
| Cronoloxía | Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro |
| Megálitos | |
| Tipos | mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista |
| Elementos | ortóstato | cono de violación |
| En Galicia | cultura | imaxes |
| Petróglifos | |
| En Galicia | GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos |
| Castros | |
| En Galicia | cultura castrexa | cerámica castrexa Castro de Armeá | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros |