Pedrafita do Casal
Coordenadas: 42°53′56″N 8°02′34″O / 42.898816594648, -8.0427208951834
A Pedrafita do Casal é un gran megálito, construído en gneis ou "ollo de sapo", dunha altura duns 5 m, aínda que á vista só mide 3,5 m. Está situado na aldea do Casal, parroquia de Campos, no concello de Melide.
Foi atopada no 2012 durante a remodelación dun valado. Actualmente está situado na mesma parcela onde foi atopado, a escasos 200 m do castro de Campos. O acceso é doado, xa que se atopa á beira da estrada. Aínda que nun primeiro momento se dubidou se podería trataría dun esteo dunha anta ou monumento similar, hoxe a idea da súa construción como elemento exento parece a máis probable[1], sendo un dos exemplares de maior envergadura dos megálitos de Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pedra do Casal na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- VÁZQUEZ NEIRA, Cristina, BROZ RODRÍGUEZ, Xurxo (2012). "¿Novos chantos megalíticos na terra de Melide? Aproximación o seu estudo e difusión". Boletín do Museo da Terra de Melide nº 25, páx. 7-24.
- "Pedrafita do Casal (Parroquia de Campos, Melide). O menhir máis grande de Galicia", post de Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez no blog Museo da Terra de Melide, 20 de xullo de 2015.