Castro de Viladonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°09′38.96″N 07°23′19.32″W / 43.1608222°N 7.3887°W / 43.1608222; -7.3887

Castro de Viladonga
Vista xeral da croa Castro de Viladonga.JPG

Parroquia:

Viladonga

Concello: Castro de Rei

Provincia:

Lugo

Comunidade Autónoma:

Galicia

Cronoloxía
Datas de ocupación: século III d.C. a Século V d.C.
Data da descuberta: Principios do século XX
Períodos de escavación: 1971 a 1978
1983 ata a actualidade
Estado actual: en proceso de escavación. Consolidado. Visita libre. Museo anexo
Extensión estimada: 4 ha.
Véxase tamén: Castros de Galicia

O Castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.[1]

Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do Xacemento.

Índice

[editar] Morfoloxía

Vista xeral do Castro

O xacemento aparece mencionado na bibliografía de comezos do século XX, Manuel Amor Meilán xa o cita na súa obra Historia de la Provincia de Lugo (Lugo, 1918). Ocupa unha extensión aproximada de 4 Ha[2] intra murallas, das que 10.000 m² corresponden á croa de forma cuadrangular irregular (100x95m) cos ángulos redondeados.

A muralla principal é de perpiaños de xisto, que chega a unha altura de 12 a 14 metros cara ao foxo. Predominan os materiais de época romana avanzada ou tardorromana.

[editar] Arqueoloxía

Grazas a iniciativa de Ramón Falcón Rodríguez realizáronse traballos arqueolóxicos desde 1971 a 1978.

Entre 1972 e 1975 as escavacións estiveron a cargo de Manuel Chamoso Lamas. Nas catro campañas exhumáronse a maioría das construcións da croa, de gran diversidade tipolóxica, e fixéronse catas noutros puntos do xacemento (antecroas e sistemas defensivos).

Na campaña de 1983, a cargo de Felipe Arias Vilas, marcáronse os seguintes obxectivos:

  • Escavación e retirada dos muros testemuñas de terra deixados nas escavacións anteriores.
  • Comprobación da estratigrafía dos restos de estruturas da croa.
  • Rozado e limpeza do terreo intramurallas.
  • Continuación de traballos museolóxicos.
  • Levantamento topográfico e elaboración de planos do xacemento (1984).

[editar] Achados

Plano do castro publicado no DOG.

No ano 1911 apareceu no castro un torque de ouro[3] con remates en perilla, de 20 quilates e un peso de 180 gramos, e que na actualidade se conserva no Museo Provincial de Lugo[4]

Nas escavacións de 1972-1975 atopouse outro torques de tipoloxía similar ao aparecido en 1911, pero de ouro máis baixo. Tamén atopáronse un anel de ouro con chatón de esmeralda, e dous aúreos de Arcadio, así como apliques, broches, fíbulas, compases ou un pasarrendas de cabalo.

Outros achados salientables foron os de dous taboleiros de xogo "tabula latrunculata", un machado de talón de bronce de 4 anelas ou un puñaliño de antenas de bronce.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Notas

  1. Decreto 441/2009, do 11 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o Castro de Viladonga, no termo municipal de Castro de Rei (provincia de Lugo)
  2. Arias Vilas, Felipe. Castro de Viladonga. Campaña 1983. Arqueoloxía/Memorias. Xunta de Galicia. 1985. Páx. 5.
  3. Foi atopado casualmente polo labrego José Abelleira Palmeiro cando traballaba a terra. A peza formou parte da colección Blanco-Cicerón, pasando máis tarde á de Gil Varela ata chegar ao Museo de Lugo
  4. López Cuevillas, Florentino, Las Joyas Castreñas, 1951, Madrid.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Bibliografía

  • Felipe Arias Vilas (1985), Castro de Viladonga. Campaña 1983, Arqueoloxía/Memorias. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. Depósito Legal C-1082/1985.
  • Felipe Arias Vilas, María Consuelo Durán Rivas (1996), Museo do Castro de Viladonga, Xunta de Galicia.. ISBN 84-453-1697-4.
  • Arias Vilas, Felipe. (1979), Castro de Viladonga, Folleto do Ministerio de Cultura. Lugo.
  • Chamoso Lamas, Manuel. "Las excavaciones del Castro de Viladonga y la problemática que plantean sus resultados". Actas del Coloquio sobre el Bimilenario de Lugo. Lugo, (1977). páxs. 41-46.
  • Arias Vilas, Felipe. "Novos materiais arqueolóxicos do Castro de Viladonga no Museo de Lugo". Boletín do Museo Provincial de Lugo,(1983), páxs. 203-208.
  • López Gómez, Felipe Senén. "O folklore do Castro de Viladonga e da súa bisbarra". Actas XV C.A.N., Zaragoza, (1979), páxs. 623-630.

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Arquitectura prehistórica de Galicia
Cronoloxía Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro
Megálitos
Tipos mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista
Elementos ortóstato | cono de violación
En Galicia cultura | imaxes
Petróglifos
En Galicia GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos
Castros
En Galicia cultura castrexa | cerámica castrexa
Castro de Armeá | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas