Crecente, Crecente
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Crecente (homónimos).
| Crecente | |
|---|---|
| Igrexa de San Pedro de Crecente. | |
| Concello | Crecente |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2009) 475 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 17 |
San Pedro de Crecente é unha parroquia que se localiza no sur do concello pontevedrés de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2009 tiña 475 habitantes (259 mulleres e 216 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 537 habitantes.
Índice |
[editar] Patrimonio
Igrexa de San Pedro de Crecente, de transición románico-gótico. Consta de ampla nave rectangular con cuberta alintelada de madeira e presbiterio cuberto a base de bóveda apuntada. Nun dos arcos, con decoración de inspiración románica, ábrese un espazo que acubillou o sepulcro de Inés de Castro, agora depositado no museo arqueolóxico de Pontevedra. Conserva unha variada colección de canzorros, un escudo e unha fiestra no centro do testeiro absidal que consta de arco apuntado, arquivolta en aresta viva e chambrana lisa. A igrexa posúe unha reliquia da Veracruz coa bula de autenticidade expedida en Roma.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Crecente
| Lugares da parroquia de Crecente no concello de Crecente (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Abelán | O Castro | A Costa | O Coto | Crecente | Currás | Os Fernández | Os Gorrións | O Lameiro | Lobariñas | Montecelo | Os Piñas | Os Piñeiros | Rego de Auga | A Rubia | A Serra | Valeixe |
[editar] Parroquias de Crecente
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Crecente | |
|---|---|
|
Albeos (San Xoán) | A Ameixeira (San Bernabeu) | Angudes (San Xoán) | Crecente (San Pedro) | Filgueira (San Pedro) | O Freixo (San Roque) | Quintela (San Caetano) | Rebordechán (Santa María) | Ribeira (Santa Mariña) | Sendelle (Santa Cruz) | Vilar (San Xorxe) |