Julio César García-Luengo Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio César García-Luengo Montero
Biografía
Nacemento1939 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Julio César García-Luengo Montero, nado en 1939[1], é un político galego do PPdeG, que foi alcalde de Crecente dende o 1979 ata xaneiro do 2007. É pai de Julio César García-Luengo Pérez, que foi alcalde despois ca el.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía de Crecente encabezando a candidatura da UCD e foi elixido alcalde[2]. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da CIGA e foi elixido alcalde con maioría absoluta. A partir das municipais de 1987 presentouse por AP e logo polo PPdeG continuando como alcalde sempre con maioría absoluta. En 2007 deixou a alcaldía ao seu fillo Julio César García-Luengo Pérez, aínda que foi elixido concelleiro na súa lista. En outubro de 2010 o seu fillo destituíuno como tenente de alcalde e membro da xunta de Goberno local, logo de anunciar que pretendía dimitir para encabezar unha lista independente en Arbo nas eleccións locais de 2011. Aínda que amagou con presentarse como candidato en Crecente polo CDS, finalmente desistiu[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo esta páxina.
  2. Crecente, Concello de (1979-04-03). "Acta de sesión 1979/04/03_Constitutiva". atopo.depo.gal (en Galician). Consultado o 2023-11-11. 
  3. Crecente se queda sin papá La Voz de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Valentín Linares Valeije
 
Alcalde de Crecente
 
1979 - 2007
Sucesor:
Julio César García-Luengo Pérez