Diego de Muros I
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Diego de Muros.
Diego de Muros, nado en Muros e finado en Ciudad Rodrigo en 1492, foi un relixioso galego da Orde dos Mercedarios. É coñecido como Diego de Muros I para distinguilo de dous sobriños seus do mesmo nome.
[editar] Traxectoria
Interviu, xunto a Pedro González de Mendoza, a favor de Isabel a Católica na súa loita sucesoria conta Xoana a Beltranexa. O 12 de xuño de 1482, consagrado como bispo, pasou a ocupar a sé da diocese de Tui, desde onde defendeu mesmo mediante coas armas os intereses dos Reis Católicos fronte á nobreza galega. Tamén tomou as armas contra os portugueses. Tivo fortes enfrontamentos con Pedro Madruga, quen, tras queimar a súa casa en Baiona, o tivo preso no castelo de Fornelos, o castelo de Vimianzo e o castelo de Monterreal.
O 1 de xuño de 1487 trasladouse a Castela á sé de Ciudad Rodrigo, onde finou cinco anos máis tarde.
| Predecesor: Rodrigo de Vergara |
Diocese de Tui 1472-1487 |
Sucesor: Pedro Beltrán |
| Predecesor: Pedro Beltrán |
Diocese de Ciudad Rodrigo 1487-1492 |
Sucesor: Juan de Ortega |
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- González Novalin, J. L.: Don Diego de Muros, Obispo de Canarias, su personalidad humanística y su aportación literaria a las Crónicas Granadinas del 1487 y 1488. Anuario de Estudios Atlánticos, nº 40, 1974, Ed. Patronato de la Casa de Colón. Madrid - Las Palmas de Gran Canaria.