Castelo de Fornelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O castelo de Fornelos ou torre de Fornelos é unha fortificación situada no concello de Crecente, nun outeiro á beira do río Ribadil, moi próximo á fronteira con Portugal, fronte ao castelo de Melgaço.

Índice

[editar] Historia

Estímase que a torre foi levantada xa na época da Antiga Roma e derrubada no século XI, para volver a ser levantada.

As primeiras noticias documentais existentes do castelo son de 1158. Foi palco dos combates entre o rei da Galiza Afonso VII e seu curmán Afonso Henriques de Portugal.

Sancho I de Portugal fixo doazón deste lugar a dona Aldonza Vázquez de Fornelos e ao seu marido Fernán Pérez de Castro, fundadores da Casa de Fornelos.

Entre os personaxes históricos relacionados co castelo están Martín Sánchez, fillo bastardo de Sancho I de Portugal, Xoán de Castro, bispo de Tui, e Álvar Páez de Soutomaior, que naceu nel.

En 1467 sufriu o ataque irmandiño durante a Gran Guerra Irmandiña, pero ao rematar a revolta foi de novo levantada por Pedro Madruga, que tivo prisioneiro no castelo ao bispo de Tui, Diego de Muros. Segundo as crónicas, durante o cativeiro a súa saúde sufriu moito, chegando a perder todos os dentes.

Unha vez liberado, o bispo organizou un exército co único propósito de derrotar o castelo no que estivera prisioneiro. Porén, a fortificación, só defendida por 15 homes, conseguiu resistir a investida e o sitio realizado polos exércitos do bispo e de García Sarmiento. Nesta batalla faleceu o cabaleiro Francisco López de Avalle.

Na segunda metade do século XX o castelo foi desmantelado case por completo para reutilizar a pedra en diversas construcións veciñas.

[editar] Características

Do conxunto militar defensivo só se conserva a torre da homenaxe e restos moi danados do recinto murado defensivo e do foxo.

A torre da homenaxe é de planta rectangular. Ten 19 metros de altura, estruturada en tres andares. O lado oeste mide 11 metros. Entre a vexetación, que cobre case completamente o edificio, poden verse varias seteiras e algunha xanela con arco de volta perfecta.

[editar] Bibliografía

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas