Asociación de Academias de la Lengua Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Países con academia da lingua española.

A Asociación de Academias da Lingua Española foi creada en México en 1951 e está integrada polas 22 academias da lingua española existentes no mundo.

Por iniciativa de Miguel Alemán, presidente de México, convócase o I Congreso de Academias co propósito de traballar en unión pola integridade e crecemento do español. Celebrado entre o 23 de abril e o 6 de maio de 1951 créase a Asociación e a súa Comisión Permanente. Nesta primeira reunión non estivo presente a Real Academia Española, pero si participou na Comisión Permanente. Dende o II Congreso celebrado en 1956 en Madrid a RAE participa regularmente.

Dita colaboración entre a RAE e as demais academias exprésase na coautoría do Dicionario da Real Academia Española, a partir da 22ª edición (2001), e a edición de 1999 da Ortografía é considerada unha verdadeira obra panhispana. Proxectos conxuntos inclúen a redacción, por parte da Asociación, da Gramática e do Diccionario panhispánico de dudas, e a elaboración do Diccionario de americanismos.

Dende 2000 organiza a Escola de Lexicografía Hispánica que conta con becas outorgadas por un convenio entre a RAE e a Fundación Carolina para a formación de expertos en lexicografía do español.

A Asociación, xunto á Real Academia Española, foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2000 con motivo dos seus esforzos de colaboración e consenso.

Organización da Asociación[editar | editar a fonte]

A Asociación (abreviadamente AALE) realiza un Congreso cada 4 años. A dirección da Asociación corresponde á Comisión Permanente, integrada por un presidente (cargo ocupado polo Director da RAE), un secretario xeral (que recae nun académico latinoamericano elixido polo Congreso), o tesoureiro da RAE e 4 vogais das academias asociadas que mudan de quenda anualmente. Dende 1960, no III Congreso de Academias celebrado en Bogotá, Colombia, apróbase un convenio multilateral polo cal os gobernos dos países que contan cunha academia da lingua comprométanse a apoiala e a dotala dos medios físicos e financeiros para a realización das súas actividades. Medidas que tamén se aplican á Asociación de Academias da Lingua Española.

A pesares de que as academias de lingua e letras de alén mar se sitúan coma membros fundadores da Asociación, o seu status queda un pouco escuro, sobre todo en comparación coa española, única que leva o título de Real. Antes da creación da Asociación, estas academias eran simples correspondentes da RAE, con presenza tamén na súa organización, pero ao mesmo nivel que podía ter un membro correspondente da lingua galega ou do territorio galego na Real Academia. De feito é unha circunstancia habitual cando quen se propón non chega a ser membro de número: Sofía Casanova en Rusia ou Emilio Pita en Bos Aires ou Agustín Sixto Seco ante o gremio de médicos e José Isorna ante a bispado santiagués foron no seu tempo correspondentes da RAG, e os mesmos José Fernando Filgueira Valverde, Otero Pedrayo ou Darío Villanueva sono da RAE.

A creación da AALE implicou un teórico igualamento na posición de tódalas academias participantes. Porén, a presenza das academias americanas en Internet, xa de por si bastante escasa, actualmente queda eclipsada pola web da RAE, onde ademais permite consultas no Diccionario de la Lengua ou no Panhispánico. Esta disimetría, xunto co feito de que a RAE siga acaparando o poder sancionador da lingua (legalmente polo menos en España) ou de que non exista unha páxina web común da AALE onde consultar estes importantes dicionarios prescritivos (e que non obrigue a un arxentino a ter que conceptualizar o dicionario da súa propia lingua coma pertencente ao estranxeiro), levan a pensar que aínda subsiste moito do colonialismo (polo menos lingüístico) entre as institucións oficiais de España e do resto dos paises castelán-falantes. Esta situación é moito máis vergonzosa se se ten en conta que a RAE non foi membro fundador nin promotor da AALE.

Academias integrantes[editar | editar a fonte]

Coat of Arms of ASALE.svg

As seguintes Academias da Lingua Española integran a Asociación (orde segundo o ano de creación):

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]