Occitania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOccitania
Occitània (oc) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°18′N 2°53′L / 44.3, 2.88Coordenadas: 44°18′N 2°53′L / 44.3, 2.88
CapitalTolosa Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación16.922.045 Editar o valor em Wikidata (85,42 hab./km²)
Lingua usadalingua occitana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie198.113 km² Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Este artigo é sobre a rexión histórica e lingüística, para a rexión administrativa véxase Occitania

Occitania (en occitano Occitània) é a área histórica de dominio da lingua occitana. Comprende boa parte do terzo sur do estado francés, o Val de Arán (no Principado de Cataluña), os Vales Occitanos (de Piemonte, en Italia) e Mónaco.

Esta designación non está extenta de polémicas e non é aceptada por todas as persoas por razóns políticas, aducindo a relativa falta de antecedentes históricos como suxeito político único. En cambio, o adxectivo occitan (occitano), como definición identitaria, ten gozado de certa normalidade de emprego en todo o seu ámbito lingüístico e tamén no resto do estado francés.

A inmensa maioría do territorio de Occitania está dividido en varias rexións administrativas francesas (o restante, uns poucos vales, nos estados español e francés). Nos tres Estados en que a lingua occitana é falada, ten graos de oficialidade moi variábeis. A fragmentación administrativa, xunto coa fraca protección legal para a lingua, explican en parte que as organizacións nacionalistas occitanas sexan aínda hoxe minoritarios, malia que a cuestión occitana estea a arraigar na mentalidade da xente e na sociedade francesa. Exemplo disto son o éxito das manifestacións en defensa do occitano en Carcassona (entre 8.000 e 12.000 manifestantes o 22 de outubro de 2005) e Besiers (reunindo a máis de 20.000 persoas o 17 de marzo de 2007).

A lingua occitana só está recoñecida como oficial, protexida, ensinada e promovida no Val de Arán. No estado italiano ten o status de lingua protexida e no estado francés tan só goza dunha certa aceptación no sistema educativo, pero carece de recoñecemento legal. Cabe mencionar que, pese á súa precaria posición social, o occitano foi unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos de Turín. Tamén hai un sistema privado de escolarización en lingua occitana, similar ás ikastolas vascas, denominado Calandretas.

A bandeira de Occitania é a dos condes de Tolosa: cruz amarela sobre fondo vermello. A cruz occitana aparece nas bandeiras oficiais da cidade de Tolosa e das rexións francesas de Mediodía-Pireneos; a carón do escudo catalán na da rexión de Languedoc-Rosellón, así como no escudo do departamento dos Hauts Alps (Altos Alpes). Tense implantado con éxito nos vales occitanos de Piemonte e tamén no Val de Arán, onde agora está integrada na bandeira aranesa (que só ostentaba antes a chave aranesa).

Historia de Occitania[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Occitania.
Condados de Occitania na data da batalla de Muret.
Historia de Occitania
Prehistoria occitana
  Os primeiros poboadores occitanos
  Occitania romana
  Reino visigodo de Tolosa
  Reino Burgundio da Provenza
    Septimania visigótica
  Ducado de Aquitania
  Comdado de Tolosa
  Vicecondado de Carcasona
  Condado da Provenza
  Condado de Foix
  Cruzada albixense
  Occitania do século XIV ao XVII
  Occitania durante a Revolución Francesa
    Felibritge
    Rexionalismo occitano
    Occitania entre 1900 e 1940
  Occitania baixo o réxime de Vichy
  Occitania até os anos 70
    Occitania e a rexionalización de 1981

Occitania, por mor da súa posición xeográfica, tense atopado decote nun cruzamento estratéxico entre toda clase de correntes (esencialmente gregos e latinos, orientais, nórdicos e evidentemente mediterráneos). Herdeira da cultura latina e de certos elementos celtas, chegou a converterse nun dos centros neurálxicos da cultura románica a partir do século IX. Foi o occitano unha das linguas que primeiro substituíu o latín en moitos actos, documentos, obras literarias e obras científicas. Así, as primeiras gramáticas anteriores á de Nebrija son occitanas (como por exemplo as Leys d'Amors do século XIV).

Os séculos XI, XII e XIII foron a época de maior esplendor da cultura e política occitanas. O modelo de occitano escrito, grazas á súa cultura refinada e brillante, sitúase como unha lingua vehicular en toda Europa: culturalmente, grazas aos trobadores, politicamente, a través da elaboración dos Foros dos territorios aragoneses e navarros, sen esquecer obviamente a influencia que exerceu sobre a literatura en lingua catalá grazas a Ausiàs March.

Foron aqueles séculos a época de ouro da literatura occitana, co nacemento da literatura trobadoresca e a súa extensión pola maior parte de Europa Occidental. Politicamente tamén o foi, debido á independencia de facto e á prosperidade de moitos dos territorios occitanos (véxase Condado de Tolosa, Condado de Foix, Vicecondado de Carcassona, Ducado de Aquitania e Condado da Provenza). Ora ben, esta época dourada sería truncada axiña, pois a unidade dos territorios occitanos era de feito unha unidade cultural e lingüística, pero non política.

A invasión francesa[editar | editar a fonte]

Coa escusa de loita contra a herexía cátara, o rei de Francia Filipe II, aliado co Papa Inocencio III, comezou a cruzada albixense contra os señores occitanos. O exército francés, liderado por Simón de Montfort, atacou e saqueou as principais cidades de Occitania, invadindo así as terras do Conde de Tolosa Ramón VI de Tolosa. O conde reuniu os seus aliados, entre eles Pedro II de Aragón, para loitar contra os franceses. A Batalla de Muret (13 de setembro de 1213) significou a fin da idade de ouro da cultura occitana coa morte do rei aragonés por un lado e, sobre todo, pola derrota das tropas occitano-catalano-aragonesas, o que representou a fin da expansión da Coroa de Aragón. Lengadòc pasaba así a ser unha dependencia da coroa francesa. Entre mediados do século XIII e comezos do século XVII todos os territorios occitanos foron incorporados á coroa francesa.

Provincias tradicionais ou rexións de Occitania[editar | editar a fonte]

Provincias tradicionais da Occitania
Occitania (oc)

División administrativa[editar | editar a fonte]

Actualmente, o territorio lingüístico occitano está dividido entre o estado francés (contendo practicamente a totalidade da área occitana), Italia (os Vales Occitanos), o estado español (o Val de Arán) e Mónaco. O territorio baixo administración francesa está dividido en sete rexións administrativas:

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.