Aldeas Infantís SOS
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Tipo | Organización non gobernamental ONG |
|---|---|
| Fundación | 1949 |
| Matriz | Imst |
| Localización | Austria |
| Fundador | Hermann Gmeiner |
| Páxina web | AldeasInfantiles.es |
Aldeas Infantís SOS é unha ONG, organización non gobernamental, destinada á infancia. O seu fin principal é integrar, familiar e socialmente, aos nenos en desamparo que lles sexan confiados, de forma eficaz e positiva, impulsando a súa autonomía e emancipación en igualdade de dereitos e obrigacións que o resto de mozos, conseguindo que sexan e sentan cidadáns válidos para a sociedade.