Mstislav Rostropovich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mstislav Leopoldovich Rostropovich
Мстисла́в Леопо́льдович Ростропо́вич
Mstislav Rostropovich 1978.jpg
Mstislav Rostropovich nun concerto na Casa Branca
Nome completo Mstislav Leopoldovich Rostropovich
Alias Slava
Naceu 27 de marzo de 1927
Orixe Bakú, República Socialista Soviética de Acerbaixán Flag of Azerbaijan SSR.svg
Morreu 27 de abril de 2007 en Moscova (Rusia)
Ocupación (s) Violonchelista e director
Xénero
Instrumento(s) Violoncello
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
Tempo en activo
Web

Mstislav Leopoldovich Rostropovich (en ruso: Мстисла́в Леопо́льдович Ростропо́вич, Mstislav Leopol'dovič Rostropovič, pronunciado [rəstrɐˈpɔvʲɪtɕ]), nado o 27 de marzo de 1927 en Bakú[1] (Acerbaixán) e finado o 27 de abril de 2007 en Moscova, coñecido tamén como "Slava", foi un violonchelista e director ruso. É considerado coma un dos mellores violonchelistas do século XX e mesmo por algúns coma o mellor violonchelista de tódolos tempos[Cómpre referencia]. Foi dedicatario de moitas obras de compositores do seu tempo, estreando arredor de 100 obras, e sendo o principal artéfice da multiplicación do número de obras para violonchelo no século XX.

Índice

Traxectoria [editar]

Naceu nunha familia de músicos. Estudou no Conservatorio de Moscova, dende os dezaseis anos. Chegou a ser alumno de Dmitri Shostakovich e de Serguéi Prokofiev, antes de graduarse coas máximas distincións académicas. Posteriormente traballaría como mestre no mesmo Conservatorio, dende 1961. En 1948 xa fora solista da Orquestra Filharmónica de Moscova. A partir de 1950 actuara coma violonchelista e director. Tamén deu recitais de piano acompañando á súa muller, a cantante Galina Vishnévskaya. Tras un tempo en Moscova, foi nomeado profesor no Conservatorio de Leningrado.

Premios [editar]

Notas [editar]

  1. "Mstislav Rostropóvich", artigo na revista Intres musicais do IES de Melide. Xuño de 2007, p. 73.
  2. Premio Príncipe de Asturias de la Concordia (1997)

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]