Save the Children

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Save the Children é unha organización non gobernamental (ONG) fundada en 1919 coa misión de defender e promover os dereitos da infancia.

Foi fundada na cidade de Londres en 1919 por Eglantyne Jebb e a súa irmá Dorothy Buxton como unha organización coa que pretendían recadar diñeiro para dedicalo ás consecuencias que a Primeira Guerra Mundial causara sobre os nenos.

Foi a primeira ONG independente adicada á infancia. Actualmente está presente en 29 países,[1] formando a Alianza Internacional Save the Children. Traballa, no marco da Convención sobre os Dereitos do Neno, adoptada polas Nacións Unidas, nas áreas que afectan: educación, saúde, nutrición, traballo infantil, prevenció de abusos sexuais, reunificación de familias despois de catástrofes e guerras, etc.[1]

En 1994 foi galardoada, xunto coas ONG Mensajeros de la Paz e Movimento Nacional de Meninos e Meninas de Rua, co Premio Príncipe de Asturias da Concordia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]