Acrópole

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A acrópole

Acrópole (do grego acro:alto, elevado - polis:cidade) é a parte da cidade construída nas zonas máis altas do releve da rexión. A posición ten tanto valor simbólico, elevar e ennobrecer os valores humanos, como estratéxico, pois desde alí podía ser mellor defendida.

Na acrópole das diversas cidades construíanse as estruturas máis nobres, tales como templos e os pazos dos gobernantes.

A acrópole grega orixinal de Atenas fíxose famosa pola construción do Partenón, suntuoso templo en honra á deusa Atenea, ricamente construído en mármores raros e ornado con esculturas de Fidias por orde de Pericles e con recursos orixinalmente destinados a patrocinar a guerra contra os persas.

A palabra acrópole tense usado en arqueoloxía e historia para designar os centros das cidades antigas ou sitios arqueolóxicos onde se sitúan as principais estruturas arquitectónicas.

Nas cidades maias é común e recorrente a acrópole con pirámides-templos, grandes prazas públicas, estadios e palacios e non poucos historiadores comparáronas coas formacións arquitectónicas da acrópole orixinal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: category:Acropolis

Outros artigos[editar | editar a fonte]