Tirana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°19′34″N 19°48′58″E / 41.326°N 19.816°E / 41.326; 19.816

Tirana
Tiranë (en albanés)
Flag of Tirana.png Wappen Tirana.gif
07Tirana Sheshi Skenderbej03.jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Tirana en Albania
Tirana
Tirana
País Albania Albania
Condado Tirana
Distrito Tirana
Xeografía
Altitude 110 msnm
Superficie 41,8 km²
Poboación
Poboación 616.396 hab. (2008)
Densidade 14.746´3 hab/km²
Xentilicio Tiranés/esa[1]
Información
Código postal 1001–1028
Alcalde Lulzim Basha (PD)
Páxina web http://www.tirana.gov.al

Tirana (en albanés Tiranë ou Tirana) é a capital e a maior cidade de Albania. Está situada no distrito e na prefectura ou condado do mesmo nome. A súa poboación está estimada oficialmente en 853.400 habitantes (2003), aínda que se temos en conta a provincia a cifra ronda o millón de habitantes.

Fundada en 1614, convértese en capital albanesa en 1920. situada á beira do río Ishem, Tirana é o principal centro político, industrial e cultural de Albania. As industrias principais son as do sector da construción, alimentar, electromecánico, téxtil, farmacéutico e metalúrxico. Tirana experimentou un rápido crecemento co nacemento de numerosas industrias a partir dos anos 20.

Tirana está actualmente intentando desenvolver unha industria turística, aínda que este esforzo está obstaculizado pola inestabilidade da rexión, causada polos conflitos militares dos anos 90 en Albania e nos veciños Bosnia e Hercegovina, Kosovo e Macedonia.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Imaxe panorámica de Tirana (Albania).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]