Vinaròs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°28′N 0°28′W / 40.467°N 0.467°W / 40.467; -0.467

Vinaròs
Escut de Vinaròs.svg
Vinaros-carnaval4.JPG
Entroido en Vinaròs
Situación xeográfica
Localización de Vinaròs respecto ao País ValencianoLocalización de Vinaròs respecto á comarca da Baix Maestrat
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Castelló
Comarca Baix Maestrat
Xeografía
Altitude 7 msnm
Superficie 95,50 km²
Poboación
Poboación 27.912 hab. (2008)
Densidade 292,27 hab./km²
Xentilicio Vinarosenco/ca
Información
Código postal 12150, 12500
Alcalde Jordi Romeu Llorach (PSPV)
Páxina web www.vinaros.org

Vinaròs é un concello do País Valenciano. Situado no extremo norte da costa da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Conta con 27.912 habitantes (INE 2008).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vinaròs atópase na costa mediterránea ao sur da desembocadura do Río Sénia. É o municipio costeiro máis setentrional do País Valenciano.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

O concello de Vinaròs limita coas localidades de Sant Jordi, Càlig, Benicarló (todas elas da provincia de Castelló), Alcanar e Ulldecona (en Cataluña).

Accédese a esta localidade dende Castelló de la Plana ou Tarragona tomando a AP-7 ou a N-340.

Demografía[editar | editar a fonte]

Vinaròs conta con 27.912 habitantes (INE 2008).

Evolución demográfica de Vinaròs[1]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2000 2007 2008
9.795 9.851 8.625 7.520 7.846 8.281 9.235 9.631 10.968 13.727 17.564 19.902 20.940 22.552 26.977 27.912

Economía[editar | editar a fonte]

O cultivo dos viñedos para a produción de viño era a principal fonte de riqueza, pero a praga de filoxera acabou con ela, sendo substituídos os viñedos por alfarrobeiras, oliveiras e amendoeiras, e dende hai unhas décadas por laranxeiras.

Ten un importante porto de pesca. Destaca tamén a industria do moble. Recentemente, o turismo estase desenvolver como un dos eixos da economía de Vinaròs.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]