Antigo templo de Atenea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os alicerces do antigo templo pódense observar diante do Erecteion.

O Antigo templo de Atenea era un edificio situado na Acrópole de Atenas, construído antes do -625 en pedra e rodeado por un pórtico de columnas en madeira, substituíndo un importante santuario dedicado a Atenea do século -VII edificado á súa vez sobre un palacio micénico.

Durante os anos -600 - -590 construíuselle a columnata de pedra e fíxose a decoración escultórica dos frontóns con temas de Heracles. Na época de Pisístrato, sobre o -520, reformouse de novo e nun dos seus frontóns realizouse unha representación da xigantomaquia e que tiña á deusa Atenea no seu tema principal. Os restos deste templo poden observarse entre o Partenón e o Erecteion.


Notas[editar | editar a fonte]

  • José Pascual González (2001), Apuntes para un viaje a Grecia. Segovia, Editorial Nóstos.

ISBN 84-609-3868-9