Ática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Ática[1][2] é a periferia da Grecia, onde se atopa a súa capital, Atenas; é igualmente o nome da península limitada polo Golfo de Pétalion e o Golfo Sarónico, a sur.

Está localizada na rexión centro-oriental da parte continental do país e fai fronteira coas periferias da Grecia Central, a noroeste, e do Peloponeso en dúas secións, unha a oeste, no istmo de Corinto e outra no extremo oriental do Peloponeso, onde se atopa a illa de Poros e a cidade de Méthana. A illa de Kythira, ao largo da extremidade sur da península do Peloponeso e é considerada parte das illas Xónicas, é tamén administrada dentro desta periferia. A pesar desta división territorial, a periferia de Ática comprende unha única prefectura, co mesmo nome.

Esta periferia ten unha área de 3 800 km2 e unha poboación de 3 700 000 habitantes, dos cales máis de 95% viven en Atenas. A esta periferia pertencen tamén as illas de Salamis, Aegina, Poros, Hidra, Spetses, e Antikythera, no Golfo Sarónico (non confundir co Golfo de Salónica, no noroeste do país).

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para ático.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 111. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf.