Bersebá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bersebá
Beersheba {{}}
בְּאֵר שֶׁבַע بئر السبع {{}}
BeershebaEmblem.svg
Beersheba City Hall 8.jpg
Casa do concello
Situación xeográfica
País Israel
'
Xeografía
Altitude 260 msnm
Poboación
Poboación 197,270 2012
Información
Código postal
Alcalde Ruvik Danilovich
Páxina web www.beer-sheva.muni.il

Bersebá[Cómpre referencia] ou Beerseba (en hebreo: בְּאֵר שֶׁבַע , Be'er Sheva, "Sete Pozos"; en grego: Βηρσαβεε; en latín: Bersabee; árabe: بئر السبع, Ar-Beersheva.oga Bi'r as-Sab' ; turco: Birüssebi) é unha cidade do sur de Israel, ubicada a 108 quilómetros ao sur de Tel Aviv. É unha das cidades máis antigas do país, existente xa na época bíblica; na actualidade é a maior poboación israelí no deserto do Néguev e a capital do Distrito Meridional. Preto atópase Tell Beerseba, un dos tres tells considerados en 2005 como Patrimonio da Humanidade pola Unesco como parte da denominación «Tells bíblicos - Magedo, Hazor e Bersebá».

Panorámica da cidade.

Bersebá era o centro da vida patriarcal. Este nome significa "pozo do xuramento", e se orixinou cun pacto entre Abraham e Abimeleque, rei de Xerar. Dous dos pozos nesa rexión son moi antigos, e acredítase que tiveran algunha ligazón cos patriarcas. Posiblemente estes foran os mesmos pozos que eles e seus servos cavaran. Son de forma circular. O máis largo ten 3,8 metros de diámetro e aproximadamente 20 metros de profundidade.

Nunha das pedras labradas que revisten o pozo, en 1874, Condor encontrou unha data indicando que se fixeran unha repación alí no século 12 d.C. A antiga borda de pedra, profundamente gastada polas cordas usadas para tirar a auga durante séculos, foi substituída por un aparello máis novo, e un mecanismo máis moderno foi instalado para facer subir a auga. Con todo, moitas manadas de camelos, de gando e de ovellas matan a sede alí diariamente en bebedoiros de pedra labrada e cimentada.

A cidade tornouse nun centro nacional de xadrez e lar de moitos campións de xadrez da antiga Unión Soviética, sendo a cidade com máis grandes mestres de xadrez en todo o mundo. A cidade sediou o Campeonato Mundial de Xadrez por Equipos en 2005, e este deporte é ensinado nas escolas infantís. En 2007, o israelita Boris Gelfand empatou en segundo lugar no Campeonato Mundial de Xadrez de 2007. Vencido por Viswanathan Anand.

Beersheba Israel Map.png

Bersebá creceu en importacia no século 19, cando os turcos otomanos construíran unha estación rexional de policía. A Batalla de Beersebá foi parte dunha ofensiva británica máis ampla na Primeira Guerra Mundial que viu quebrar a liña defensiva turca de Gaza a Beer-Seba. En 1947, Bir Seba (em árabe: بيئر شيبع), como era coñecida, foi concebido como parte do estado árabe no Plano de Partición das Nacións Unidas para a Palestina. Despois da declaración de independencia de Israel, o exército exípcio reuniu as súas forzas em Bersebá como unha base estratéxica e loxística. Na Batalla de Bersebá que comezou en outubro de 1948, foi conquistada polas Forzas de Defensa de Israel [2].

Mapa da batalla de Bersebá de 1948.

Bersebá creceu considerablemente desde entón. Unha gran parte da poboación é composta por descendentes de xudeus sefarditas e xudeus Mizrahi que imigraran de países árabes depois de 1948, así como as comunidades menores de Bene Israel e os xudeus Cochín da Índia. Segunda e terceira olas de inmigración teñen ocorrido dende 1990, traendo inmigrantes xudeos Ashkenazi da antiga Unión Soviética, como tamén inmigrantes Beta Israel da Etiopia.

Clima[editar | editar a fonte]

Water in Beersheba Stream - 03.jpg
BeerSheva-kliima.svg

Bersebá ten clima quente semi-árido (Clasificación climática de Köppen BSh) con influencia mediterránea.

Ó ser un clima mediterráneo e desértico, os veráns son quentes e secos, e os invernos son fríos e chuviosos. No verán, as temperaturas son elevadas durante o día e á noites cunha diferencia de temperaturas media alta de 32,3 °C e unha temperatura media baixa de 19,9 °C. No inverno, a temperatura é fría e o tempo está chuvioso, a neve é moi rara. Os invernos teñen unha temperatura alta media de 17,7 °C e as baixas de unha media de 8 °C. As precipitacións no verán son raras, a maioría das choivas veñen no inverno entre setembro a maio, pero a suma das precipitacións anuais son baixas, con media de 204,1 mm por ano. As tormentas de area e néboa son comúns, especialmente no inverno, como resultado da alta humidade.

Son habituais as chuvias torrenciais.

Lista de alcaldes[editar | editar a fonte]

Primeiro alcalde da cidade, David Tuviahu.
  • David Tuviahu (1950-1961)
  • Zeev Zrizi (1961-1963)
  • Eliyahu Navi 
  • Moshe Zilberman 
  • Itzhak Rager 
  • David Bunfeld 
  • Yaacov Terner (1998 - 2008)
  • Rubik Danielovich (dende 2008)

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Beersheba está irmandada con doce cidades.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bersebá Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Thareani-Sussely, Yifat, "The 'Archaeology of the Days of Manasseh' Reconsidered in the Light of Evidence From The Beersheba Valley," Palestine Exploration Quarterly, 139,2 (2007), 69–77.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]