Rexións de Etiopía
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As rexións administrativas de Etiopía son 9. Trátase de estados etnicamente diferenciados, denominados Kililoch (singular kilil) e dúas cidades con carácter especial, os astedader akababiwach (singular, astedader akabibi). A palabra "kilil" significa concretamente "reserva" ou "área protexida", e é a base étnica sobre a cal se constituíron as rexións etíopes. A elección da verba "kilil" foi criticado por parte da oposición, comparándoo cos bantustans da Sudáfrica do apartheid.[1] As 9 rexións e as cidades con status especial (cun asterisco) son:
- Addis Ababa*
- Rexión de Afar
- Rexión de Amhara
- Rexión de Benishangul-Gumaz
- Dire Dawa*
- Rexión de Gambela
- Rexión de Harari
- Rexión de Oromia
- Rexión de Somali
- Rexión dos Pobos do Sur
- Rexión de Tigray
De acordo á Constitución política etíope, este sistema de rexións administrativas ou kililoch, reempraza o antigo sistema de provincias, vixente até 1996; e que é aínda empregado extraoficialmente.
Demografía [editar]
| Rexión | Capital | Superficie (km²) | Poboación (2005) | |
|---|---|---|---|---|
| Oromia | Adama | 353.362 | 25.125.000 | |
| Amhara | Bahir Dar | 159.174 | 19.120.005 | |
| Pobos do Sur | Awasa | 112.343 | 14.901.990 | |
| Tigré | Mekele | 50.078 | 4.334.996 | |
| Ogaden | Jijiga | 279.252 | 4.329.000 | |
| Addis Abeba | Addis Abeba (*) | 530 | 3.627.934 | |
| Afar | Asayita | 96.707 | 1.389.004 | |
| Benishangul-Gumaz | Asosa | 49.289 | 625.000 | |
| Dire Dawa | Dire Dawa | 1.213 | 398.934 | |
| Gambela | Gambela | 25.802 | 247.000 | |
| Harari | Harar | 374 | 196.000 |
Notas [editar]
- ↑ International Labour Organization ILO. ""They knew I would rather die than give up the fight" Interview with Taye Woldesmiate (Ethiopia)". http://www.ilo.org/public/english/dialogue/actrav/new/291002.htm.