Verín Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Verín
NomeVerín Club de Fútbol
Fundación1971
EstadioJosé Arjiz,
Verín, Galicia
Capacidade2.000
PresidenteGalicia José Manuel Zubiela Calderón
AdestradorGalicia Diamantino Braz
Liga1ª Autonómica – Grupo 4
2016–1720º (Preferente – Grupo Sur)
PatrocinadorDenominación de Orixe Monterrei
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Verín Club de Fútbol é o equipo de fútbol de referencia da vila ourensá de Verín. Fundado en 1971, como sucesor do CD Verín e do Rácing Verín, na actualidade compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia, e ten uns 300 socios. Con camisola vermella e pantalón azul coma equipación, o Verín CF disputa os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, con capacidade para uns 2.000 espectadores.

Escudo[editar | editar a fonte]

No escudo do Verín CF ocupa un lugar predominante a imaxe do castelo de Monterrei, por riba dunha banda azul, que representa o Támega, río que baña a vila de Verín. No interior da banda azul, un balón de fútbol. Recentemente (2012), o escudo cambiou a un deseño máis moderno e colorido.

Uniforme[editar | editar a fonte]

O Verín CF viste camisola vermella, pantalón azul e medias vermellas. O segunda equipamento consta de camisola azul, pantalón branco e medias azuis.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Verín CF xoga os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, inaugurado en 1971, con capacidade para 2000 espectadores. O estadio, situado na estrada de Laza, está presidido polo castelo de Monterrei.

Historia[editar | editar a fonte]

O fútbol en Verin ten unha historia centenaria, se ben o primeiro club como tal da vila foi o RACING CLUB VERÍN. Trala Guerra Civil, Juan Reigada fundou o CLUB DEPORTIVO VERÍN, que xogaba no antigo campo do Toral. Dalí trasladouse a actividade futbolística ás instalacións da Granxa. Finalmente, en 1971 botou a andar o actual VERÍN CLUB DE FÚTBOL, que a partir de 1976 xogaría no novo estadio José Arjiz. Nos anos 80 comezaría o club a colleitar importantes éxitos, mesmo a súa primeira participación en 3ª División (nove participacións suma o club nesta categoría).

Tras unha involución a principios dos 90 que somerxeu ó equipo na Segunda Rexional, dende 1997 a 2007 o Verín CF disfrutou dos seus mellores anos: na temporada 2003/04 o club chegou a disputar unha eliminatoria de ascenso a Segunda División B. Nos anos seguintes o Verín CF cabalgou entre Terceira e Preferente Autonómica, ata consumar o recente descenso a categoría provincial en xuño de 2013.

Temporadas disputadas nas distintas categorías:

Terceira División 10.

División Preferente Autonómica: 16.

División Primera Autonómica: 17.

Histórico

1971/72: Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (4º clasificado).

1972/73: PrimeIra División do Campionato Comarcal de Ourense (Campión de Liga). Eliminado na fase final. Xoga promoción de ascenso a serie A Rexional por renuncia, e queda eliminado en segunda eliminatoria.

1973/74 :Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (2º clasificado).

1974/75: Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (Campión de Liga). Eliminado en primeira eliminatoria na fase de ascenso á Serie A Rexional.

1975/76: Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (3º clasificado). No Campionato Galego de Afecionados, eliminado en semifinais.

1976/77: Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (2º clasificado). No Campionato Galego de Afecionados, eliminado en semifinais.

1977/78: Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense (?). No Campionato Galego de Afecionados, eliminado en semifinais.

1978/79: Primeira Autonómica (3º clasificado).

1979-80: Primeira Autonómica (6º clasificado). Ascenso por remodelación de divisións superiores.

1980/81: Preferente Autonómica Sur (3º clasificado). Ascenso por remodelación de divisións superiores.

1981/82: Terceira División (20º clasificado, descenso).

1982/83: Preferente Autonómica Sur (3º clasificado).

1983/84: Preferente Autonómica Sur (3º clasificado).

1984/85: Preferente Autonómica Sur (9º clasificado).

1985/86: Preferente Autonómica Sur (5º clasificado).

1986/87: Preferente Autonómica Sur (13º clasificado).

1987/88: Preferente Autonómica Sur (12º clasificado).

1988/89: Preferente Autonómica Sur (17º clasificado).

1989/90: Preferente Autonómica Sur (22º clasificado, descenso).

1990/91: Primeira Autonómica (13º clasificado).

1991/92: Primeira Autonómica (20º clasificado, descenso).

1992/93: Segunda Autonómica (Campión de Liga, ascenso).

1993/94: Primeira Autonómica (6º clasificado).

1994/95: Primeira Autonómica (3º clasificado).

1995/96: Primeira Autonómica (5º clasificado).

1996/97: Primeira Autonómica (5º clasificado).

1997/98: Primeira Autonómica (2º clasificado, ascenso).

1998/99: Preferente Autonómica Sur (10º clasificado).

1999-2000: Preferente Autonómica Sur (2º Clasificado). Na Promoción de Ascenso a Terceira División, eliminación. Ascenso a Terceira División ó quedar praza libre.

2000/01: Terceira División (9º clasificado).

2001/02: Terceira División (8º clasificado).

2002/03: Terceira División (10º clasificado).

2003/04: Terceira División (4º clasificado). Na Fase de Ascenso a Segunda División B, eliminación en primeira rolda.

2004/05: Terceira División (20º clasificado, descenso).

2005/06: Preferente Autonómica Sur (11º clasificado). Finalista da Copa Deputación.

2006/07: Preferente Autonómica Sur (2º clasificado). Na Fase de Promoción de Ascenso a Tercera División, eliminación. Ascenso ó quedar praza libre. Campión da Copa Deputación.

2007/08: Terceira División (12º clasificado).

2008/09: Terceira División (14º clasificado).

2009/10: Terceira División (19º clasificado, descenso).

2010/11: Preferente Autonómica Sur (4º clasificado). No play-off de ascenso a Terceira, eliminación. Campión da Copa Deputación.

2011/12: Preferente Autonómica Sur (12º clasificado).

2012/13: Preferente Autonómica Sur (18º clasificado, descenso). Na Copa Deputación, eliminado en semifinais.

2013/14: Primeira Autonómica (2º clasificado, ascenso). Na Copa Deputación, finalista.

2014/15: Preferente Autonómica Sur (2º clasificado, ascenso).

2015/16: Terceira División (20º clasificado, descenso).

2016/17: Preferente Galicia Sur (nova denominación da Preferente Autonómica Sur).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]