Celebración dun gol do Cerceda fronte ao Coruxo FC, 2018.
O Centro Cultural e Deportivo Cerceda é o equipo de fútbol de Cerceda (A Coruña). Fundado en 1968 xoga na actualidade na Segunda División B. O club está xestionado polo Club Deportivo Lugo desde a temporada 2017-18. En xuño de 2018, sumido en graves problemas económicos, tras quedar último no grupo I de Segunda B, anunciou que non se inscribiría en competición ningunha na temporada seguinte. O seu campo de fútbol é o Campo do Roxo, con capacidade para 1.000 espectadores.
Dende 1998 leva xogando ininterrompidamente na Terceira División, sen descender nin un só ano a Preferente. En catro ocasións gañou a competición de Terceira División, nas tempadas 1995–96, 2002–03, 2003–04 e 2010–11. Xogou a promoción de ascenso a Segunda B en catro ocasións, as catro sen éxito.
en 2004, contra o Navalcarnero, equipo que finalmente ascendería, contra o que perdeu en primeira rolda 1-0 e 0-0 [4].
Na tempada 2010–11 resultou campión da categoría, xogando a fase de ascenso como primeiro de grupo. Na primeira rolda caeu contra o UE Llagostera (0–3, no global), pero podendo xogar a segunda ao ser campión. Na segunda rolda caeu contra o UD San Sebastián de los Reyes (2–3, no global), sendo eliminado definitivamente.
Na tempada 2016-17 ascende por fin a Segunda B tras perder na terceira eliminatoria do play-off, pero aproveitando o descenso administrativo do Boiro.