Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol
Atlético Coruña Montañeros | ||
---|---|---|
Nome | Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol | |
Fundación | 1978[1][2] | |
Liga | 1ª Autonómica - Grupo I | |
Na rede | ||
http://www.atleticocoruna.com/monta/ | ||
![]() ![]() | ||
| ||
O Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol[3] é un club de fútbol galego da cidade da Coruña. Foi fundado en 1978[1][2] e chegou a competir na Segunda División B entre as tempadas 2009–10 e 2011–12. Compite na Primeira Autonómica de Galicia.
Historia[editar | editar a fonte]

O Montañeros xorde no ano 1968 como unha asociación de “boy scouts” chamada Asociación Juvenil Montañeros del Sagrado Corazón vinculada ao colexio dos xesuítas da Coruña. A partir de 1973 comeza a práctica do fútbol, feito que levaría a que no ano 1978 se crease un club de fútbol federado chamado Club Montañeros del Sagrado Corazón que participa en categorías xuvenís. Nesta época xorde do club unha peña madridista[1][2].
En 1994, co club ao bordo da desapación, un grupo liderado por Fausto Vázquez faise coa dirección do club e faino rexurdir. A entidade cambia o seu nome polo de Montañeros Club de Fútbol e poténcianse os equipos de fútbol base. No ano 2003, tralo ascenso do equipo xuvenil á División de Honra, e co apoio do Banco Gallego, créase o equipo sénior[4]. O club adoptará o nome de Montañeros Club de Fútbol Banco Gallego.
Pouco a pouco comezou a facerse notar nas divisións autonómicas galegas, e foi avanzando categorías ata chegar a ser profesional. Na tempada 2006/07 acadando o cuarto ascenso consecutivo chegando á Terceira División. Na súa primeira tempada na categoría o equipo conseguiu salvar a categoría quedando no oitavo posto. Na tempada 2008/09 o equipo rematou na segunda posición, posto que lle fixo disputar a promoción de ascenso. Aínda que non conseguiu ascender de categoría no terreo de xogo xa que perdeu contra o Hellín Deportivo, o descenso administrativo do Cidade de Santiago fíxolle ocupar a súa praza coma mellor galego clasificado[5]. Por esta razón, o Montañeros debutou na tempada 2009-10 na Segunda División B, quedando 10º. Logo de tres anos na categoría de bronce, remata a tempada 2011-12 en 18º lugar e descende á Terceira División.
Porén, a falla de apoios económicos provocou que o equipo nunca chegase a competir de novo nesa categoría. O 1 de xuño de 2012, o Montañeros anuncia a disolución do seu equipo sénior e a súa vontade de centrarse no traballo coa canteira.[6] En 2014 o club foi absorbido polo Atlético Coruña Club de Fútbol xunto co Sporting Universidade[7][8]. En 2016 o club cambia o seu nome polo de Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol[9]. A partir de 2016 volve contar con equipo sénior tras herdar a praza do Sporting Universidade.
Uniforme[editar | editar a fonte]
- Uniforme titular: Camiseta morada, pantalón morado e medias moradas.
Uniformes históricos[editar | editar a fonte]
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() Titular (2012)
|
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() Suplente (2012)
|
Estadio[editar | editar a fonte]
O Montañeros non conta con estadio en propiedade. Durante a etapa 2003-2012, o equipo sénior xogaba os seus partidos na Grela e, posteriormente, en Elviña, aínda que tamén chegou a disputar un partido en Riazor fronte ao Alavés[10] despois de llo solicitar ao concello[11].
Datos do club[editar | editar a fonte]
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 3
- Tempadas en 3ª: 2
- Mellor posto na liga: 10º (2ª B, tempada 2009-10)
- Participacións na Copa do Rei: 0
- Promocións de ascenso a Segunda B: 1 (0 ascensos)
Historial na liga[editar | editar a fonte]
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
desde 1978 | ? | |
ata 2003 | ? | |
2003/04 | 3ª Autonómica | 1º ![]() |
2004/05 | 2ª Autonómica | 1º ![]() |
2005/06 | 1ª Autonómica | 1º ![]() |
2006/07 | Preferente | 1º ![]() |
2007/08 | 3ª | 8º |
2008/09 | 3ª | 2º ![]() |
2009/10 | 2ªB | 10º |
2010/11 | 2ªB | 12º |
2011/12 | 2ªB | 18º ![]() |
desde 2012 | Sen equipo sénior | |
ata 2016 | ||
2016/17 | 1ª Autonómica | – |
2017/18 | Primeira Galicia | 1º ![]() |
2018/19 | Preferente | 10º |
2019/20 | Preferente |
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Subcampión da Terceira División de España (1): 2008/09
- Preferente Autonómica (1): 2006/07
- Primeira Autonómica (2): 2005/06, 2017/18
- Segunda Autonómica (1): 2004/05
- Terceira Autonómica (1): 2003/04
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (1): 2010/11
- Copa da Coruña (1): 2005
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Montañeros". La Futbolteca (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Historia do Montañeros C.F. na súa páxina web oficial Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Consultado o 13 de marzo de 2016.
- ↑ Ficha do club na web da Federación Galega de Fútbol. Consultado o 3 de maio de 2017.
- ↑ "Fin a un memorable ciclo de nueve años". DEPOR Sport nº 11.753 (en castelán). 3 de xuño de 2012. p. 19. Archived from the original on 13 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2016.
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (7 de agosto de 2009). ""O Montañeros xa é de Segunda B"". Consultado o 25 de marzo de 2012.
- ↑ "El Montañeros C. F. disuelve su equipo sénior" Arquivado 04 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Vavel, 1 de xuño de 2012.
- ↑ "El Atlético Coruña, otro impulso para la cantera local". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de outubro de 2014.
- ↑ "Atlético Coruña, un nuevo proyecto se consolida en la ciudad herculina". onosofutbol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ "El Montañeros CF cambia oficialmente su nombre por el de Atlético Coruña Montañeros". onosofutbol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2021. Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ "Pólvora mojada en el majestuoso escenario". DEPOR Sport nº 10.859 (en castelán). 14 de decembro de 2009. p. 16. Archived from the original on 13 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2016.
- ↑ "El Montañeros solicita al Ayuntamiento jugar tres partidos en Riazor por ser el estadio municipal". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |