Club Deportivo As Pontes
| As Pontes | ||
|---|---|---|
| Nome | Club Deportivo As Pontes | |
| Fundación | 1960 | |
| Estadio | O Poboado, As Pontes, Galicia | |
| Capacidade | 2000 | |
| Adestrador | ||
| Liga | Preferente – Grupo Norte | |
| 2017–18 | 3º | |
| Patrocinador | Endesa | |
| Na rede | ||
| http://www.cdaspontes.es | ||
| ||
O Club Deportivo As Pontes é un equipo de fútbol galego da localidade das Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1960 e actualmente xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado en 1960 baixo o nome de Club de Fútbol Calvo Sotelo, estando patrocinado pola empresa mineira Calvo Sotelo. En 1969 pasou a chamarse Club Deportivo As Pontes, ata que en 1984 mudou o seu nome a Endesa As Pontes Club de Fútbol, tendo coma patrocinador á empresa Endesa. Finalmente no 2001 retomou ao nome de Club Deportivo As Pontes que mantén actualmente.
A máxima posición ligueira acadada polo equipo foi a cuarta posición na Segunda división B española na tempada 91/92.
Estadio
[editar | editar a fonte]O equipo disputa os seus partidos coma local no estadio do Poboado, que ten unha capacidade aproximada de 2000 espectadores.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División (2): 1986–87, 1994–95
- Copa Deputación da Coruña (1): 1996
- Copa Galicia (1): 1967/68
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do clubArquivado 10 de abril de 2021 en Wayback Machine.