O Mondariz Fútbol Club foi fundado en 1920, e competiu na Primeira División de Campionato Comarcal de Zonas de Peinador. Acadou unha liga e unha copa, ata que en 1960 se retirou da competición. Regresou na tempada 1968, e comezou a alternar nas distintas divisións rexionais e a participación en sete campionatos galegos de afeccionados. Na tempada 2011-12 acadou o ascenso a Rexional Preferente.