Campo Municipal de Fúbol A Porta Santa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°15′1″N 8°33′28″O / 43.25028, -8.55778

Campo Municipal de Fútbol A Porta Santa
Datos
LocalizaciónPorta Santa s/n - Lestón, 15145 Laracha Flag of Galicia.svg
Construción
Inauguración1 de outubro de 2005
Custo1.000.000 euros
Estadio
SuperficieHerba aritficial
Dimensións105 x 65
Capacidade250 (sentados) 500 (total)
PropietarioConcello da Laracha
LocalíaUD Paiosaco

O Campo Municipal de Fútbol A Porta Santa é unha instalación destinada á práctica do fútbol situada no lugar de Paiosaco, parroquia de Lestón. Nel, xoga os seus partidos como local a Unión Deportiva Paiosaco e o seu propietario é o Concello da Laracha.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial de 105 x 65 metros e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 250 espectadores[1], sendo a capacidade total do recinto de 500 persoas[2]. En 2013 instaláronse asentos de plástico con respaldo na bancada[3].

Atópase a poucos metros do antigo campo, do mesmo nome e foi inaugurado o 1 de outubro de 2005 cun encontro entre a UD Paiosaco e o Sporting Ciudad da Coruña. Este novo recinto supuxo un investimento de 1.000.000 de euros. A maior contía foi aportada polo Concello da Laracha, aínda que tamén participaron a Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia. Desde a tempada 2002-2003, o Paiosaco viña xogando no Campo Municipal da Laracha por mor das malas condicións da vella Porta Santa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O concello instala asentos plásticos nas bancadas dos campos de fútbol municipais da Laracha e de Paiosaco — EL NOTICIERO DE ARTEIXO". EL NOTICIERO DE ARTEIXO. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-10. 
  2. "U.D. Paiosaco Hierros Añón :: Estadio ::". 162.217.173.178. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-10. 
  3. "Inicio de las obras de mejora de las instalaciones del campo de fútbol de Paiosaco/El diario da Laracha". El diario de Laracha (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-10. 
  4. Galicia, La Voz de. "El Paiosaco inaugura ante el Sporting Ciudad el nuevo campo municipal A Porta Santa". www.lavozdegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 20/04/2016. Consultado o 2016-04-10.