Club Deportivo Lalín
| Lalín | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Club Deportivo Lalín Galitec | ||
| Fundación | 1974 | ||
| Estadio | Manuel Anxo Cortizo, Lalín, Galicia | ||
| Capacidade | 5.000 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Preferente | ||
| 2023/24 | 5º | ||
| Patrocinador | GALITEC | ||
| Na rede | |||
| http://www.cdlalin.es | |||
| |||
O Club Deportivo Lalín é un club de fútbol galego da vila de Lalín. Fundado en 1974, na actualidade milita no Grupo Norte da Preferente Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado en novembro de 1974, logo de case dez anos sen fútbol federado na vila e despois da desaparición do Campo da Leiteiría. O primeiro presidente foi Ángel Nistal Peña. Rematadas as obras do estadio Municipal, en 1976 o equipo participou por vez primeira en competicións oficiais na liga da montaña (2ª categoría Rexional), con Modesto Cao na presidencia. Xa na tempada 1978-79 pasou a presidir o equipo Manuel Anxo Cortizo Blanco, e planificouse o ascenso a Primeira Rexional, que se acadou tras lograr o campionato con cinco puntos de vantaxe co seu inmediato seguidor.
Debutou na Terceira División en 1981, e na tempada 1984-85 conseguiu o primeiro dos catro ascensos logrados a Segunda División B. No ano 2013 acadou a Copa Deputación de Pontevedra.
Datos do club
[editar | editar a fonte]

- Tempadas en 2ª B: 6
- Tempadas en 3ª: 24
Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División (2): 1984/85, 1990/91.
- Subcampión da Terceira División (2): 1997/98, 2007/08.
- Preferente Galicia (1): 2010/11.
- Segunda Galicia (1): 1978/79 .
- Copa Deputacíón Pontevedra (1): 2013.