Cultural Deportiva Beluso
| Beluso | ||
|---|---|---|
| Nome | Cultural Deportiva Beluso | |
| Estadio | As Laxes Beluso (Bueu) | |
| Presidente | ||
| Adestrador | ||
| Liga | Preferente – Grupo 2 | |
| 2023/24 | 4º | |
| Na rede | ||
| ||

A Cultural Deportiva Beluso é un club de fútbol galego da parroquia de Beluso (Bueu). Fundouse en 1975, e compite no Grupo 2 da Preferente Galicia. O seu terreo de xogo é o campo das Laxes.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1985 ascendeu por primeira vez á Segunda Rexional, onde se mantivo seis tempadas antes de dar o salto a Primeira Rexional na 1990-91. Nos anos 90 era unha canteira forte en Galicia, chegando algún dos seus xogadores[quen?] a Segunda e Segunda B. Na 1995-96 descendeu á Segunda Rexional, e non volveu á maior categoría da provincia ata as tempadas 2005-06 e 2006-07.
No ano 2009-10 tocou chan en terceira rexional pero a partir de aí unha serie de ascensos en poucos anos levárono á Preferente Galicia na 2017-18. Foise consolidando na categoría, e chegou mesmo a loitar polo play-off a Terceira División. Na 2022-23 descendeu por arrastres, pero conseguiu ascender de novo na seguinte campaña, cun equipo totalmente renovado. Na 24-25 acadou o título simbólico de campións de inverno con 38 puntos en 17 xornadas e cunha clasificación ao play-off a Terceira RFEF no que quedou sen o ascenso nunha quenda de penaltis.
Mantén unha rivalidade co Rápido Bahía, Bueu e nos últimos anos Moaña ao ser clásicos da Preferente.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azul celeste, pantalón branco e medias azuis celestes.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 2014/15 | 1ª Autonómica | 4º |
| 2015/16 | 1ª Autonómica | 14º |
| 2016/17 | 1ª Autonómica | 1º |
| 2017/18 | Preferente | 9º |
| 2018/19 | Preferente | 8º |
| 2019/20 | Preferente | 14º |
| 2020/21 | Preferente | 6º |
| 2021/22 | Preferente | 9º / 2º |
| 2022/23 | Preferente | 16º |
| 2023/24 | 1ª Galicia | 4º |
| 2024/25 | Preferente | 3º |