Club Deportivo Moaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moaña
Escudo Moaña.jpg
NomeClub Deportivo Moaña
Fundación1953
EstadioO Casal
Galicia Moaña
PresidenteDaniel Verdeal
AdestradorGalicia Oscar García[1]
LigaPreferente – Grupo Norte
2017–18
Na casa

O Club Deportivo Moaña é un equipo de fútbol de Moaña, fundado en 1977[2], que milita na Preferente Autonómica de Galicia. Foi o club onde comezaron a súa carreira os xogadores Iago Aspas e Jonathan Aspas.

A vestimenta do equipo componse de camisola azul celeste, pantalón branco e medias azul celeste.

Historia[editar | editar a fonte]

O CD Moaña foi inscrito na Federación Galega de Fútbol o 16 de xuño de 1977, sendo Antonio Verde Eiroa o seu primeiro presidente. O primeiro partido que disputou o club foi o 24 de agosto dese mesmo ano no Estadio Municipal da Xunqueira de Moaña fronte o Alondras CF de Cangas, rematando o partido con vitoria visitante,

A finais de outubro de 1977, por iniciativa da directiva, procedeuse ó peche total do Campo da Xunqueira, pois ata entón só tiña peche a zona norte. A xunta directiva solicitou a colaboración ós afeccionados e ó pobo en xeral para poder levar a cabo o valado da zona sur, lindeira coa praia da Xunqueira.

Co club xa inscrito na Federación Galega de Fútbol, comezou a competir en categoría sénior no Campionato de Terceira Categoría Rexional Grupo 5º, sendo o rival na primeira xornada o Marín C.F., partido disputado no Campo Municipal da Xunqueira o día 27 de novembro de 1977.

Nesta primeira tempada finalizou o campionato en segunda posición, por detrás do Domaio e por diante do Marín, ascendendo os tres equipos á 2ª Categoría Rexional. Ese mesmo ano o equipo disputou a Copa Comarca de Pontevedra, clasificándose para a final, despois de eliminar o San Miguel de Deiro, Atlético Cuntis, Umia de Barrantes e Vilalonga, todos eles equipos de superior categoría, disputando a final contra o San Adrián de Cobres. Esta final disputouse en Arcade, sendo derrotado o Moaña por 3 goles a 2.

Ao longo dos anos foron moitos os presidentes que se fixeron cargo do club, habitualmente para evitaren unha eventual desaparición da institución. Entre eles estiveron Antonio Verde Eiroa (presidente fundador), Antonio Fervenza, Santomé, José Cidras, Pablo Trigo Piñeiro, Antonio Sobrino García, Cándido Costas Tobio, José Núñez Giraldez, Manuel Juncal Souto, J. Antonio Xil Ríos, Carlos Trigo Fervenza, Alberto Miranda Cancelas, Miguel Ángel Nogueira Pérez e Cándido Blanco.

Desde o ano 2009 o club disputa os seu partidos como local no Campo do Casal, de herba artificial, por mor da rehabilitación da Praia da Xunqueira, que linda co estadio da Xunqueira[3]. Tamén nese mesmo ano fundouse o equipo filial, o Moaña Sporting, tamén coñecido como Moaña B.

Historial[editar | editar a fonte]

Tempada a tempada[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
2000/01 1ª Autonómica
2001/02 1ª Autonómica
2002/03 1ª Autonómica
2003/04 1ª Autonómica
2004/05 1ª Autonómica
2005/06 1ª Autonómica
2006/07 1ª Autonómica
2007/08 Preferente 18º
2008/09 1ª Autonómica
2009/10 1ª Autonómica
Tempada Categoría Posto
2010/11 1ª Autonómica
2011/12 1ª Autonómica
2012/13 1ª Autonómica
2013/14 1ª Autonómica
2014/15 1ª Autonómica
2015/16 1ª Autonómica
2016/17 Preferente
2017/18 Preferente
2018/19 Preferente

Xogadores famosos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. laberintodeportivo.com (ed.). "Óscar García nuevo entrenador del CD Moaña". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  2. O Noso Fútbol (ed.). "CD Moaña". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2015. 
  3. Cristina G. Faro de Vigo (10 de setembro de 2009). "Moaña salta al terreno de juego". Consultado o 04-04-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]