Xallas Fútbol Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Xallas Fútbol Club é un equipo de fútbol de Santa Comba, fundado en 1966[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Se ben varios equipos do concello de Santa Comba xa encontros amigables, non foi ata 1966 cando se formalizou oficialmente un equipo federado. O seu primeiro presidente foi o empresario José Suárez Suárez “Raso”, e o club comezou a xogar a Liga da Costa, disputando os partidos como locais no campo do Carreiro. Xogouse con camiseta verde, por acordo coa empresa de xabóns Lagarto, e calzón negro.

Nos primeiros anos acadou tres campionatos da Copa da Costa, xa que para dita competición regresaban a Santa Comba algúns xogadores que estudaban en Santiago de Compostela, así como o dianteiro de orixe portorriqueña Arana. o 29 de xuño de 1968 o equipo xogou un amigables contra o Deportivo da Coruña no campo do Carreiro, con vitoria local por 5-2.

Despois duns anos de dificultades, a mediados da década e 1970 reactivouse o club baixo a presidencia de Severino Amarelle. Xogadores que estudaban en Compostela trouxeron novos métodos de adestramento, e creouse o equipo de xuvenís. A canteira logra que na década de 1980 o equipo ascenda a Primeira Rexional, e en 1985 acadouse a Copa Deputación de 1ª Rexional fronte ao Camariñas. Na tempada 1986-87 o Xallas FC ascende a Rexional Preferente, e ao ano seguinte constrúese o campo de Fontenla. Porén, a finais da década o equipo descende por mor da situación económica do club.

Na tempada 2001-2002 acadan o triunfo en Liga e Copa, en 2007 ascenden a Segunda Autonómica e en 2011 chegan de novo a Rexional Preferente. En 2012 créanse varios equipos nas categorías inferiores. En 2015 o equipo acada de novo a Copa da Costa fronte ao Corme, e no 2016 vencen de novo, fronte ao Soneira, e acadan tamén a Supercopa contra o campión da Copa do Sar, o Flavia. De novo en 2018 acadouse a Copa da Costa contra o Sofán.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión Copa da Costa 1966 contra o Muxia (Tempada 1966-1967).
  • Campión Copa da Costa 1967 contra o Negreira (Tempada 1967-1968).
  • Campión Copa da Costa 1969 contra o Ponteceso (tempada 1969-1970).
  • Campion Xuvenil 1979-1980.
  • Ascenso á 1ª Rexional como 3º clasificado da Liga da Costa (Tempada 1980-1981).
  • Campion Xuvenil 1980-1981.
  • Campión da Copa Deputación de 1º Rexional 1985 contra o Camariñas (Tempada 1984-1985).
  • Subcampión 1ª Autonómica e ascenso a Rexional Preferente 1986-1987.
  • Campión Xuvenil 1988-1989.
  • Campión Xuvenil 1994-1995.
  • Campión Liga 3ª Autonómica 2001- 2002.
  • Campión Copa da Costa 2002 contra o Cabana (Tempada 2001-2002).
  • Campión Liga 3ª Autonómica 2006- 2007.
  • Subcampión Liga 2ª Autonómica e ascenso a 1ª Autonómica 2009- 2010.
  • Campión 1ª Autonómica e ascenso a Rexional Preferente 2010- 2011.
  • Campión Copa da Costa 2013 contra o Malpica (Tempada 2012-13).
  • Campión de liga infantís e ascenso á liga galega (Tempada 2012-2013).
  • Campións de liga cadetes e ascenso á liga galega (Tempada 2013-14).
  • Campión Copa da Costa 2015 contra o Corme (Tempada 2014-15).
  • Campións infantís de liga (Tempada 2014-15).
  • Campións infantís de Copa da Costa (Tempada 2014-15).
  • Campión Xuvenil (2015-2016).
  • Campión Copa da Costa Xuvenil 2016 contra o Ponteceso (Tempada 2015-16).
  • Campión de Liga Prebenxamín 2015-16.
  • Campión Copa da Costa 2016 contra o Soneira (Tempada 2015-16).
  • Campións Liga Prebenxamíns 2015-16.
  • Campión Supercopa 2016 contra o Flavia
  • Campión Copa da Costa 2018 contra o Sofán (Tempada 2017-2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xallas F. C.". La Preferente.