Portonovo, Adina, Sanxenxo
| Portonovo | |
|---|---|
Localización de Portonovo no concello de Sanxenxo. | |
| Parroquia | Adina |
| Concello | Sanxenxo |
| Coordenadas | 42°23′33″N 8°49′25″O / 42.3925, -8.8236111111111 |
| Poboación | 2.122 hab. (2025) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Portonovo é unha das dúas vilas do concello de Sanxenxo, xunto coa capital do concello, e o segundo núcleo en número de habitantes (en 2025). Segundo datos do IGE, tiña 2.122 habitantes no ano 2025, dos que 1.047 eran mulleres e 1.075 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 2.161 veciños, e 2009, cando eran 2.184.
Está situado na parroquia de Adina, coa que normalmente se identifica. Actualmente están integrados, total ou parcialmente, no casco urbano da vila os lugares de Barbeito, Vista Alegre e Canelas.
Portonovo foi concello de seu trala reorganización territorial de 1833, xunto ós concellos de Sanxenxo e Dorrón, pero en 1835 unificáronse nun só concello, con capitalidade en Padriñán, á que pertence o lugar de Sanxenxo.[1]
A súa actividade económica baséase historicamente na pesca, cun gremio de mareantes de especial relevancia durante a idade Media. Froito desta gran tradición pesqueira, conta cunha confraría de pescadores, inaugurada no ano 1924 (por Castelao), así como un importante porto pesqueiro recentemente ampliado e unha moderna lonxa, reformada en 2014.
Hoxe en día a pesca está a pasar a un plano secundario por mor do crecemento do sector turístico do concello e, en xeral, de toda a comarca.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Portonovo dende Sanxenxo
- Vista de Portonovo
- Vista de Portonovo
- Vista de Portonovo desde a praia de Baltar
- Portonovo: a Ribeira
- Paseo de madeira na praia de Baltar (Portonovo)
- Nasas no porto de Portonovo
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Adina
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Adina no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Baltar | Barbeito | A Barrosa | Canelas | O Catadoiro | Fabal | Forxán | A Igrexa | O Outeiro | Paxariñas | O Pombal | Portonovo | Rial | A Torre | O Vinquiño | Vista Alegre | A Xesteiriña |
Parroquias de Sanxenxo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario de Arousa 17.07.2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portonovo, Adina, Sanxenxo |