Gondomar Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gondomar
GONDOMARCF
NomeGondomar Club de Fútbol
Fundación1914
EstadioAs Gaiandas,
Gondomar, Galicia
Inauguración1944
Capacidade1450
PresidenteGaliciaEspaña Rosa Álvarez (Rosita Cristaleiro)
AdestradorGaliciaEspaña Iago González Rodriguez
LigaSegunda Autonómica Galicia Vigo
2022–23
VestimentaBKA
PatrocinadorServifrei
Na rede
Facebook: gondomarcf Twitter: gondomarcf Instagram: gondomarcf Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Gondomar Club de Fútbol é un club de fútbol galego do concello de Gondomar. Foi fundado en 1914 e actualmente compite no Grupo de Vigo da Segunda Autonómica de Galicia. Xoga de local no Campo das Gaiandas.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo foi fundado en 1914 por un grupo de rapaces co nome de Gondomar Football Club, cando en Vigo existían xa o Vigo Foot-ball Club e o Real Club Fortuna. En 1917 mudaron o nome do equipo polo de Gondomar Sporting Club, constituíndose oficialmente ante o Goberno Civil de Pontevedra. Por entón aínda non participaban en competicións oficiais, senón en partidos amigábeis. Xa en 1922 o Gondomar SC e o Iris FC -outro equipo da vila- fundaron o equipo Miñor FC coa intención de federalo, mais pouco despois o Iris FC botouse atrás e fundouse de novo o Gondomar SC. O primeiro campo, na zona das Cercas, foi cedido por Gonzalo Fernández de Córdoba Quesada, undécimo conde de Gondomar.

En 1943 iniciáronse os trámites para construír o campo municipal das Gaiandas, inaugurado en 1944 polo presidente do club, Vicente Vázquez, e o alcalde do concello, Francisco Alborés. O equipo federouse entón co nome de Club Gondomar. Un dos primeiros triunfos acadados foi o campionato do Baixo Miño-Val Miñor, que lle permitiu disputar o título de Campión de Campións cos gañadores das fases celebradas nas outras comarcas do sur de Galicia. Venceu na final ao Coruxo FC.

Logo de anos nas categorías rexionais, na tempada 1980-81 ascenderon a Rexional Preferente. Na tempada 1981-82 quedaron segundos e xogaron a promoción a Terceira contra o Meirás. Empataron na ida xogada en Ferrol e venceron 4-1 no encontro de volta con tres goles de Javier, o que permitiu lograr un novo ascenso. Logo de perder a categoría chegaría a recuperala anos despois. Na década de 1990 volveu xogar nas categorías rexionais, e despois logrou estabilizarse en Rexional Preferente. Nos últimos anos o club sufriu dous descensos de categoría, pasando de disputar a Rexional Preferente á Segunda Autonómica de Galicia.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en 3ª: 14
  • Tempadas en Preferente( Serie A): 23
  • Tempadas en 1ª Autonómica: 5
  • Tempadas en 2ª Autonómica: 4
  • Tempadas en Campionatos Comarcais: 21


Participou en dous Campionatos Galegos de Afeccionados e en cinco Copas Galicia.



Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1994/95 Preferente
1995/96 Preferente
1996/97 Terceira División 13º
1997/98 Terceira División 15º
1998/99 Terceira División
1999/00 Terceira División 11º
2000/01 Terceira División 16º
2001/02 Terceira División 20º
2002/03 Preferente 14º
2003/04 Preferente
Tempada Categoría Posto
2004/05 Preferente
2005/06 Preferente 17º
2006/07 Preferente 15º
2007/08 Preferente 20º
2008/09 1ª Autonómica 10º
2009/10 1ª Autonómica
2010/11 1ª Autonómica
2011/12 1ª Autonómica
2012/13 Preferente
2013/14 Preferente
Tempada Categoría Posto
2014/15 Preferente
2015/16 Preferente
2016/17 Preferente 10º
2017/18 Preferente 17º
2018/19 1ª Autonómica 17º
2019/20 2ª Autonómica
2020/21 2ª Autónómica -- [1]
2021/22 2ª Autónomica
2022/23 2ª Autonómica

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Final da Preferente Autonómica (1) 1985-86
  • Preferente Autonómica (1) 1985-86
  • Campionato Comarcal de Zonas Baixo Miño – Val Miñor (1) 1955
  • Copa Comarcal (1) 1981

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La federación propone cancelar el fútbol de Primera Galicia para abajo". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-01-04. Consultado o 2022-07-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]