A Unión Deportiva Xove Lago é un club de fútbol galego do concello de Xove. Foi fundado en 1974 e actualmente compite no Grupo 3 da Primeira Autonómica.
A Unión Deportiva Xove Lago fundouse en 1974 ao mudar de nome o previo Club Lago Deportivo, que fora fundado catro anos antes na parroquia de Lago.
A Unión Deportiva Xove Lago militou durante 12 anos en Terceira, e xogou en dúas tempadas a promoción de ascenso a Segunda B en 1999–00 e 2000–01, pero en ambas as dúas foron sen éxito.