Sociedade Deportiva e Cultural Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Galicia de Mugardos
NomeSociedade Deportiva e Cultural Galicia
Fundación1953
EstadioA Pedreira,
Mugardos, Galicia
Inauguración1972
Capacidade2.000[1]
PresidenteGalicia Domingo Martínez Garabana
AdestradorGalicia José Luís Fontao Cabarcos
Liga1ª Autonómica – Grupo 1
2016–1714º (Preferente – Grupo Norte)
PatrocinadorForestal del Atlántico
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

A Sociedade Deportiva e Cultural Galicia, coñecida como Galicia de Mugardos, é un club de fútbol galego fundado en 1953 na parroquia de Meá, no concello de Mugardos. Actualmente compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes do Galicia[editar | editar a fonte]

O fútbol chegou a Mugardos a través dos traballadores que estaban empregados en Bazán, na construción naval, e que tiñan contacto con capataces ingleses, pero ata os anos 20 non se empezaron a organizar en Mugardos equipos informais que ían xogar a Ares.

Antes da formación definitiva da Sociedade Deportiva e Cultural Galicia creáronse outros conxuntos, a maior parte efémeros.

  • O Sporting Pedreira (1924), na parroquia de Meá, financiada pola emigración cubana. Este equipo mercou o primeiro balón de coiro[2].
  • O Príncipe dos Casás (segunda metade da década dos 20), no lugar dos Casás, na mesma parroquia de Meá.
  • O Victoria de Mugardos (segunda metade da década dos 20)
  • O Comercial, resultado en 1929 da fusión do Victoria e do Sporting, promovido pola hostalería mugardesa.
  • O Ocaso (1929-1933), creado polo dono da funeraria homónima.
  • O Estudiantil (1933), na Pedreira, promovido por Aurelio Maceiras
  • O Fortuna (1933), na vila de Mugardos, promovido por José Alguacil.
  • O Galicia Sociedade Deportiva (1934), produto da fusión do Fortuna e do Galicia SD, que xogaba no Campo do Novás.

Durante a guerra, estes equipos desaparecen, e volven formarse outros ao remate da contenda.

  • O Victoria de Mugardos (ao redor de 1940)
  • O Galicia da Pedreira (ao redor de 1940).
  • A Unión Mugardesa (de 1942 a 1945), produto da fusión dos dous anteriores.

O Galicia de Meá[editar | editar a fonte]

En 1952 decídese crear un novo equipo que, para recoller a tradición dos conxuntos anteriores, nomea presidente de honra a Aurelio Maceiras, denomínase Galicia, e mantén as mesmas cores có Galicia de 1934, a verde e a branca. O primeiro presidente foi José Martínez Rojo "O Cheo" e inscríbese no Goberno Civil o 30 de maio de 1953. O primeiro prtido oficial disputouno o 13 de decembro de 1953 contra o Espartero ferrolán.

Na actualidade ten ao redor de 500 socios.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
2000/01 1ª Autonómica 13º
2001/02 1ª Autonómica
2002/03 1ª Autonómica
2003/04 1ª Autonómica
2004/05 Preferente 18º
2005/06 1ª Autonómica
2006/07 1ª Autonómica
2007/08 1ª Autonómica
2008/09 1ª Autonómica
Tempada Categoría Posto
2009/10 Preferente
2010/11 Preferente 13º
2011/12 Preferente 16º
2012/13 Preferente 10º
2013/14 Preferente 10º
2014/15 Preferente
2015/16 17º
2016/17 Preferente 14º
2017/18 1ª Autonómica

Cadro de presidentes[editar | editar a fonte]

  • 1953–1954: José Martínez Rojo
  • 1954–1956: Antonio Martínez Doval
  • 1956–1957: José Díaz Fernández
  • 1957–1958: Antonio Martínez Doval
  • 1958–1959: José Martínez Rojo
  • 1959–1961: José Díaz Fernández
  • 1961: Juan Prados Blanco (en funcións)
  • 1961–1962: Alejandro Toimil Casal
  • 1962–1964: Avelino Blanco
  • 1964–1966: Juan Ameneiro Martínez
  • 1966–1967: Arturo Iglesias Martínez
  • 1967–1969: Antonio Vázquez Añón
  • 1969–1974: Alfredo Díaz Bravo
  • 1974–1975: José Martínez Rojo
  • 1975: M. Vila Martínez (en funcións)
  • 1975–1978: José Manuel López Martínez
  • 1978: Julio Regueiro Rey (en funcións)
  • 1978–1979: Alfredo Díaz Bravo
  • 1979: Arturo Iglesias Martínez
  • 1979–1980: Alfredo Díaz Bravo
  • 1980–1985: José M. Varela Toimil
  • 1985–1988: Agustín Martínez Silva
  • 1988–1992: Alfredo Díaz Bravo
  • 1992–1997: Antonio Martínez Romero
  • 1997–2008: Xosé A. Bouza Rei
  • 2008–2012: Domingo Martínez Garabana
  • 2012–2015 : Javier García Dieste
  • 2015-: Domingo Martínez Garabana

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]