Pacifismo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O pacifismo é a oposición á guerra e a outras formas de violencia expresadas a través dun movemento político, relixioso, ou como unha ideoloxía específica.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Xeralmente recoñécense dous tipos de pacifismos:
- O pacifismo absoluto ou radical: rexeita a violencia en calquera das súas formas, considerando que todo acto violento xera máis violencia, sendo contraproducente o seu uso.
- O pacifismo relativo ou moderado: rexeita en principio o uso da forza, pero a admite para defenderse de ameazas estremas.
Medios
[editar | editar a fonte]Algúns dos medios dos que se vale o pacifismo na procura dos seus fins son:
- A resistencia non violenta.
- A diplomacia.
- A desobediencia civil.
- O boicot a empresas, gobernos ou outras entidades.
- A obxección de conciencia.
- As campañas de mentalización e divulgación.
- A educación pola paz.
Orixes
[editar | editar a fonte]A aparición do pacifismo remóntase a cando os primeiros cristiáns se negaron a tomar armas e exercer a violencia, para o que utilizaron unha frase do Sermón da montaña: "Non resistades ó mal coa forza".
O pacifismo comezou a ser definido a partir do século XVIII por numerosas personalidades:
- Leibniz, ademais de filósofo foi matemático, historiador, teólogo e diplomático. Percorreu toda Europa establecendo contactos con moita xente distinta. Isto fíxoo para intentar conseguir o entendemento e a comprensión, xa que o seu propósito era crear unha lingua exacta e universal.
- Rousseau (1712-1778), filósofo e escritor francés, destacou por atacar ó goberno, ó sistema de ensino e á Igrexa Católica. Durante a Revolución Francesa pretendeu conseguir liberdades individuais e dereitos humanos.
- Bentham (1748-1832), xurista e economista inglés, ideou que o ben era pracer e o mal era dor. Intentou crear un sistema moral no que cada persoa escollese o pracer que máis felicidade lle dese, segundo o seu interese, conseguindo así o beneficio dos demais.
- Saint-Simon (1760-1825) era un sociólogo francés que creou un sistema industrial no que os cristiáns intentaban mellorar a situación dos pobres a través de métodos non violentos.
O pacifismo moderno
[editar | editar a fonte]Pero os impulsos ó pacifismo máis fortes e importantes foron os dalgúns os seus defensores, como Mahatma Gandhi, Martin Luther King e Óscar Romero. Estas persoas, ademais de escribir sobre o pacifismo, levárono á práctica:
- Gandhi (1869-1948) foi un avogado e político indio que loitou pola independencia da India polos seus propios métodos, como o xaxún limitado e a intercepción de trens por unha multitude sen armas que se tendía ó longo das vías. Como adaíl do nacionalismo indio, predicou a paz de diversos xeitos, e foi encarcerado por iso varias veces. Unha vez posto en liberdade, sufriu varios atentados e asasinouno un fanático hindú en Delhi (India). As súas cinzas foron lanzadas ó río Ganxes.
- Martin Luther King (1929-1968) foi un dirixente negro estadounidense que defendeu a non-violencia e loitou contra a discriminación racial. Conseguiu o Premio Nobel da Paz en 1964. Morreu asasinado en Memphis (Tennessee, EUA).
- Óscar Romero (1917-1980) foi un arcebispo do Salvador inimigo da violencia que exercían a estrema dereita nacionalista e o exército. Defendeu ós oprimidos e foi asasinado durante unha misa.
Tamén foron importantes as protestas contra a guerra de Vietnam en Estados Unidos, e os movementos en favor do desarme nuclear durante a guerra fría.
Número de manifestantes nas protestas do 15 de febreiro de 2003 contra a invasión a Iraq | |
Roma | 2.000.000 |
Londres | 750.000 |
Barcelona | 700.000 |
Madrid | 660.000 |
Berlín | ≥500.000 |
Zaragoza | 300.000 |
Sydney | 250.000† |
Sevilla | ≥200.000 |
Damasco | 200.000 |
Málaga | 150.000 |
Granada | 150.000 |
Montreal | 150.000 |
Melbourne | 150.000† |
París | 100.000 |
Vigo | 100.000 |
Oviedo | 100.000 |
Dublín | 100.000 |
Os Ánxeles | 100.000 |
Nova York | 90.000 |
Glasgow | 80.000 |
Córdoba | 75.000 |
San Francisco | 65.000† |
Alacant | 60.000 |
Oslo | 60.000 |
Buenos Aires | 60.000 |
Seattle | 60.000 |
Bruxelas | 50.000 |
Atenas | 50.000 |
Montevideo | 50.000 |
Valladolid | 50.000 |
Berna | 40.000 |
São Paulo (un dato) | 35.000 |
Estocolmo | 35.000 |
Xirona | 30.000 |
Cádiz | 30.000 |
Belfast | 30.000 |
Santander | 30.000 |
Copenhaguen | 25.000 |
Elx | 20.000 |
Gotemborg | 20.000 |
Newcastle | 20.000 |
Vancúver | 20.000 |
Helsinqui | 15.000 |
Perth | 15.000 |
Viena | 15.000 |
Alxeciras | 15.000 |
Luxemburgo | 14.000 |
México, D.F. | 13.000 |
Trondheim | 11.000 |
Canberra | 10.000 |
Calcuta | 10.000 |
Tesalónica | 10.000 |
Toronto | 10.000 |
Ámsterdan | 10.000 |
Auckland | 10.000 |
Austin | 10.000 |
Beirut | 10.000 |
Cidade do Cabo | 10.000 |
Xohanesburgo | 10.000 |
Porto | 10.000 |
Leipzig | 10.000 |
Filadelfia | 10.000 |
São Paulo (un dato) | 10.000 |
Zagreb | 10.000 |
Wellington | 6.000 |
Ávila | 5.000 |
Istambul | 5.000 |
Malmö | 5.000 |
Lismore | 5.000 |
Toquio | 5.000 |
Liubliana | 5.000 |
Eugene | 4.000 |
Colorado Springs | 4.000 |
Reiquiavik | 4.000 |
Bangkok | 3.000 |
Byron Bay | 3.000 |
Quebec | 3.000 |
Tel Aviv | 3.000 |
Sarasota | 2.500 |
Bellingen | 2.500 |
Otava | 2.000 |
Manila | 2.000 |
Kíiv | 2.000 |
Christchurch | 2.000 |
Dacca | 2.000 |
Sofía | 2.000 |
Varsovia | 2.000 |
Chicoutimi | 1.500 |
Kuala Lumpur | 1.500 |
Dunedin | 1.500 |
Flagstaff | 1.000 |
Hong Kong | 1.000 |
Knoxville | 650 |
Nova Orleáns | 500 |
Akureyri | 500 |
Chipre | 500 |
Maribor | 500 |
Quito | 350 |
Poznań | 300 |
Lima | 300 |
Moscova | 300 |
San Salvador | 250 |
Srinagar | 100 |
Mostar | 100 |
Whanganui | 70 |
Tallinn | 60 |
Almaty | 50 |
McMurdo Station | 50 |
Tauranga | 10 |
(Total) | ≥10.430.590 |
†: 14 o 16 de febreiro | |
Fonte: The Globe and Mail e outros |
Contexto actual
[editar | editar a fonte]A guerra de Iraq serviu como detonante para revitalizar un movemento que levaba tempo fóra das portadas. As manifestacións mundiais contra a guerra foron convocadas simultaneamente en todo o mundo, sendo as primeiras convocatorias de carácter realmente global da historia. As manifestacións foron especialmente relevantes nos países comprometidos coa invasión (Australia, Estados Unidos, España, Gran Bretaña, Portugal, Polonia, Italia). Estas foron as primeiras manifestacións convocadas por Internet e SMS, e mostrouse a efectividade dos novos medios, xa que a protesta mundial (ou marcha pola paz) comezouse a organizar só un mes antes da súa realización. As circunstancias locais permitiron a súa permanencia no tempo, sobre todo en Gran Bretaña, Estados Unidos, España e Italia, onde puideron servir de bandeira de enganche contra os Gobernos no poder, contribuíndo así ó envorco electoral en España e Italia.
O lema universalmente adoptado foi Non á guerra.
O 15 de febreiro de 2003 tivo lugar a maior das manifestacións, conseguíndose a maior mobilización mundial na Historia. Millóns de persoas saíron ás rúas en moitas cidades, encabezadas por Roma con 2 millóns de manifestantes (ver táboa). Cabe destacar o baile de cifras, en canto ao número de manifestantes nas principais cidades dos países cuxos gobernos apoiaron a invasión. Foi moi grande a diferenza entre os datos oficiais dados polas administracións e as dadas polos convocadores; cada un defendendo os seus intereses. Un claro exemplo é Madrid, onde parece claro que o número de manifestantes foi moi superior ós 660.000 oficiais, aínda que tamén é moi posible que non chegasen ós 2 millóns de persoas segundo os convocadores, sendo unha cifra intermedia o dato real. A táboa adxunta mostra os datos oficiais das cidades que reuniron a un maior número de persoas, entre as que se atopa Vigo como única representante galega na lista.
De forma concomitante ó gran movemento creado á calor da guerra global contra o terrorismo, no movemento pacifista actual existen dúas grandes correntes.
- Grupos de pacifismo reformista que tratan de ignorar as contradicións sociais e predican a paz entre todos por sobre todas as cousas de xeito moi pouco crítica. Aquí sitúanse grupos chamados pacifismo conservacionista, pacifistas cidadáns, mobilizacións polo civismo etc.
- Doutra banda están os grupos que cren na acción non violenta para o realizar cambios radicais (ata revolucións) e para enfrontar os conflitos tomaron os termos activista non violento, pacifista militante etc, para recalcar a necesidade da acción, a realidade dos conflitos sociais e a postura de enfrontamento contra estruturas autoritarias dun xeito radical, levando a cabo acciones que poden incluír o boicot e a sabotaxe pero non a agresión a persoas, menos aínda de xeito mortal. Entre estes sitúanse os antimilitaristas e os anarcopacifistas por exemplo.
Lista de grandes pacifistas
[editar | editar a fonte]- Buda(560 adC-480 adC), fundador do budismo.
- Xesús de Nazaret (0-33), figura central do cristianismo.
- Jane Addams (1860-1935).
- Günther Anders´(1902-1992), filósofo e intelectual alemán.
- Eduard Bernstein (1850-1932), político e escritor alemán.
- William Jennings Bryan (1860-1925).
- Martin Buber (1878-1965), filósofo austríaco xudeu.
- Pau Casals, violonchelista e compositor.
- Barbara Deming.
- Jean Henri Dunant (1828-1910), fundador da Cruz Vermella.
- Albert Einstein (1879-1955), físico xermano-estadounidense.
- Eugen Relgis anarquista e escritor romanés, idealizador da Internacional pacifista.
- Friedrich Wilhelm Foerster.
- Leonard Frank.
- Ernst Friedrich.
- Mahatma Gandhi (1869-1948), político hindú.
- William Lloyd Garrison, anarcoindividualista
- Emma Goldman (1869-1940), feminista e anarquista.
- Emil Gumbel (1891-1966).
- Julia Ward Howe (1819-1910).
- Ernst Jünger (1895-1998), novelista e ensaista alemán.
- Immanuel Kant (1724-1804), filósofo alemán.
- A. J. Muste.
- Alfred Nobel (1833-1896), inventor sueco da dinamita.
- Gustav Landauer, revolucionario alemán, existencialista, anarquista mutualista
- Lanza del Vasto, líder de comunidades de autoxestión nos anos sesenta.
- John Lennon (1940-1980), músico de The Beatles.
- Carl von Ossietzky (1889-1938), xornalista e pacifista.
- Arndt Pekurinen (1905-1941).
- Pablo Picasso (1881-1973), pintor español.
- Ludwig Quidde (1858-1941), historiador.
- Peter Paul Rubens (1577-1640), pintor belga.
- Jeannette Rankin (1880-1973).
- Bertrand Russell (1872-1970), filósofo e matemático inglés.
- Albert Schweitzer (1875-1965), médico, teólogo e musicólogo alemán.
- Helene Stöcker.
- Bertha von Suttner (1843-1914).
- Norman Thomas, líder socialista estadounidense.
- Henry David Thoreau (1817-1862), anarquista estadounidense
- Lev Tolstói (1828-1910), cristiano anarquista, escritor.
- Kurt Tucholsky, compositor satírico alemán.
- Morihei Ueshiba (1883-1969), artista marcial xaponés, fundador do aikido.
- Frank Lloyd Wright (1867-1959), arquitecto estadounidense.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Acción directa
- Non-violencia
- Sociedade alternativa
- antimilitarismo.
- A loita contra a proliferación de armas e as minas antipersoais.
- As manifestacións mundiais contra a guerra de Iraq.
- As asociacións cidadás como Gesto por la Paz.
- As organizacións en defensa dos dereitos humanos como Amnistía Internacional.
- Organizacións ecoloxistas como Greenpeace.
- As organizacións en defensa dos dereitos dos animais como Igualdade Animal e AnimaNaturalis Internacional.
- Premio Nobel da Paz
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Brigadas Internacionales de Paz
- Xesto pola Paz
- Juegos para la paz
- Movemento pola Paz, o Desarme e a Liberdade
- Movemento pola Paz Extremadura
- López Martínez, Mario (2004) Enciclopedia de paz y conflictos. Granada, Universidade de Granada.