Morihei Ueshiba
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de decembro de 1883 Tanabe |
| Morte | 26 de abril de 1969 Tokyo |
| Causa da morte | cancro de fígado |
| Lugar de sepultura | Kōzan-ji Temple (en) |
| Local assemblyperson of Japan (en) | |
| 1918 – | |
| Doshu (pt) | |
| | |
| Datos persoais | |
| Outros nomes | 開祖 翁 |
| Relixión | Oomoto (pt) |
| Altura | 156 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | Sensei, Aikidoka, militar |
| Membro de | |
| Profesores | Sokaku Takeda |
| Alumnos | Masamichi Noro, Kisshomaru Ueshiba (pt) |
| Carreira militar | |
| Rango militar | Sarxento |
| Deporte | Aikido |
| Familia | |
| Fillos | Kisshomaru Ueshiba |
| Parentes | Noriaki Inoue, sobriño Kiyoshi Nakakura, mukoyōshi |
| Premios | |
Morihei Ueshiba (植芝 盛平 Ueshiba Morihei?), nado o 14 de decembro de 1883 en Tanabe e finado o 26 de abril de 1969, foi un artista marcial e fundador do aikido, coñecido tamén neste ámbito como "O Fundador" Kaiso (開祖?) ou Ōsensei (大先生/翁先生?), "Gran Profesor".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ueshiba estudou varias artes marciais na súa xuventude e serviu no exército xaponés durantea a guerra ruso-xaponesa. Tras licenciarse en 1907 trasladouse a Hokkaido encabezando un asentamento pioneiro. Alí coñeceu e estudou con Takeda Sōkaku, fundador do Daitō-ryū Aiki-jūjutsu. Tras marchar de Hokkaido en 1919 Ueshiba uniuse ó movemento Ōmoto-kyō, unha seita xintoísta en Ayabe, facendo de instrutor de artes marciais e abrindo o seu primeiro dojo. Acompañou ó líder do grupo Ōmoto-kyō, Onisaburo Deguchi, nunha expedición á Mongolia en 1924, onde foron capturados por tropas chinesas e posteriormente retornados ó Xapón.
Ueshiba trasladouse a Tokyo en 1926, establecendo alí o Dojo Aikikai Hombu. Naquel entón xa era comparativamente famoso nos círculos das artes marciais. Trala segunda guerra mundial marchou de retirouse a Iwama, onde continou adestrando. Traballou na promoción do aikido por todo o Xapón e no estranxeiro. Faleceu debido a un cancro de fígado en 1969.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morihei Ueshiba |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Stevens, John (1999). Invincible Warrior: A Pictorial Biography of Morihe Ueshiba, the Founder of Aikido (en inglés). Boston/Londres: Shambhala. ISBN 978-1-57062-394-3.
- Stevens, John; Krenner, Walther (2004). Training with the Master: Lessons with Morihei Ueshiba, Founder of Aikido (en inglés). Boston/Londres: Shambhala. ISBN 978-1-57062-568-8.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |