Dunedin
| Ōtepoti (mi) Dunedin (en) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Reinos da Commonwealth | Nova Zelandia | |||
| Rexión | Rexión de Otago | |||
| Distrito | Dunedin City (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 99.885 (2018) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 3.286,2 km² | |||
| Datos históricos | ||||
| Creación | 1848 | |||
Evento clave
| ||||
| Organización política | ||||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2014–) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 9010, 9011, 9012, 9013, 9014, 9016, 9018, 9022, 9023, 9024, 9035, 9076, 9077, 9081, 9082, 9092 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 03 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Edimburgo (1974–) | |||
| Sitio web | cityofdunedin.com | |||
Dunedin é unha cidade de Nova Zelandia situada na baía de Otago (Otago Harbour), un entrante do océano Pacífico que separa á cidade da península de Otago. A cidade fundouse en 1848, e despois de 1861 creceu rapidamente polo descubrimento de ouro.

As industrias principais de Dunedin, outrora núcleo ferroviario, son a enxeñaría, a enxeñaría do software, a biotecnoloxía e a moda. Nos arredores da cidade críase gando ovino e vacún. Otago é tamén un notable centro do ecoturismo, grazas á diversidade biolóxica da península de Otago. Conta co estadio de Rugby (Carisbrook), onde se disputan entre outros, algúns partidos do tri nations, campionato triangular anual que disputan o equipo dos All Blacks, os Wallabies australianos e os Sprinboks surafricanos.
En Dunedin está situada a Universidade de Otago, que ten facultades de arte e música, dereito, medicina e teoloxía, e da Escola Politécnica de Otago.
Nesta cidade está situada a Baldwin Street considerada a rúa con máis pendente do mundo segundo o Libro Guinness dos Récords.
A súa poboación actual é de 121 000 habitantes e é a segunda cidade en importancia da illa do sur, logo de Christchurch.
