Emma Goldman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emma Goldman, c. 1910

Emma Goldman, nada en Kaunas o 27 de xuño de 1869 e finada en Toronto o 14 de maio de 1940, foi unha anarquista de orixe lituana-asquenací que foi coñecida polos seus textos e discursos feministas e polos seus testemuños sobre a Revolución Rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con dezasete anos Emma Goldman emigrou coa súa irmá máis vella, Helene, a Rochester, Nova York, para vivir coa súa irmá, Lena. Alá traballou moitos anos na industria téxtil e en 1887 casou cun colega de traballo, Jacob Kersner. O aforcamento de catro anarquistas despois da Revolta de Haymarket levou a Goldman á militancia e a coñecer outra eminente figura do anarquismo, Voltairine de Cleyre. Con vinte anos xa era unha revolucionaria. Goldman e Kersner mantivéranse legalmente casados garantíndolle a ela a súa cidadanía estadounidense.

En 1919 é expulsada do país pola súa intensa actividade política. Volve entón para Rusia, mais volve a abandona-lo país por disentir do rumbo autoritario tomado polo goberno bolxevique. Viviu no Reino Unido e Francia e participou na guerra civil española.

Emma Goldman é, ata hoxe, a anarquista máis famosa da historia dos Estados Unidos, país no que viviu a meirande parte da súa vida, mesmo sendo comparada cos homes anarquistas. Dela é a famosa frase que define de maneira simple a idea anarquista de liberdade:

Se non podo bailar, non é a miña revolución.

Principais obras[editar | editar a fonte]