Resistencia non violenta

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Marcha do sal o 12 de marzo de 1930.

Resistencia non violenta (ou acción non violenta) é a práctica de exercer unha forza para atinxir unha meta socio-política a través dun protesto simbólico, de non cooperación económica ou política, desobediencia civil e outros métodos, sen recorrer ao uso da violencia.

A Resistencia pasiva é unha variedade de resistencia non violenta, e é un termo usado ás veces de forma imprecisa como un sinónimo da mesma. Isto consiste na resistencia por inercia ou de conformidade non enérxica, como oposición á resistencia por antagonismo. Satyagraha é unha refinada variedade de resistencia non violenta desenvolvida por Mohandas Gandhi.

Como outras estratexias de mudanza social, as accións de non violencia poden xurdir de diversos modos e en diversos graos. Poden incluír, por exemplo, unha variedade de formas como a guerra de informacións, o protesto artístico, a actuación de grupos de presión, a resistencia a impostos, boicots ou sancións, combate legal ou diplomático ou o sabotaxe de materiais ou equipamentos.