Colorado Springs, Colorado
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |

Colorado Springs é unha cidade localizada no condado de El Paso no estado estadounidense de Colorado. No censo dos Estados Unidos de 2010 tiña unha poboación de 416.427 habitantes e unha densidade de poboación de 824,93 km².
Turismo[editar | editar a fonte]
Ademais de Pikes Peak, hai moitas atraccións turísticas na zona, incluíndo o Xardín dos Deuses no que destacan as formacións de arenito vermello, o Manitou Cliff Dwellings, o Complexo de Adestramento Olímpico dos Estados Unidos e a Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos. De acordo coa Oficina de Convención e Visitantes de Colorado Springs, a área atrae preto de seis millóns de turistas cada ano.
A cidade está comunidada a través do aeroporto de Colorado Springs.
Industria[editar | editar a fonte]
- Centro de Operacións da Montaña Cheyenne: un centro de mando militar albergado baixo a Montaña Cheyenne, ao sur de Pike Peak.
- Base da Forza Aérea Peterson (industria militar).
- Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos (industria militar).
- FrontRange Solutions (software).
Na cidade está unha das cinco estacións mestras do seguimento terrestre de GPS (as outras catro estacións do sistema están en Kwajalein, Hawai, Diego García e Ascensión).
Educación[editar | editar a fonte]
O Distrito Escolar 11 de Colorado Springs xestiona as escolas públicas. A cidade acolle o Colorado College e a Universidade de Colorado en Colorado Springs (UCCS), ademais da Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos.
Deporte[editar | editar a fonte]
O equipo de béisbol Colorado Springs Sky Sox xoga na Liga da Costa Pacífica (clasificación AAA). É un equipo das ligas menores correspondente aos Colorado Rockies.
Relixión[editar | editar a fonte]
Nos últimos anos, Colorado Springs atraeu un grande fluxo de protestantes. Os grupos protestantes con sede en Colorado Springs inclúen Enfoque á Familia ("Focus on the Family"; unha organización cristiano-política), Compasión International, The Navigators, Youth with a Misión, Young Life e a International Bible Society.
Eventos[editar | editar a fonte]
O 23 de xaneiro de 2001, a policía obtivo un indicio de que os dous membros que aínda non foran capturados do grupo criminal Texas 7, buscados por roubo e o asasinato dun oficial da policía, escondíanse no Holiday Inn en Colorado Springs. Os dous fuxitivos realizaron algunhas transmisións de radio en directo antes de ser arrestados.
O 15 de febreiro de 2003, 4.000 manifestantes reuníronse en Academy Boulevard para protestar en contra da Guerra de Iraq. Despois da manifestación e masrcha pacíficas, a multitude foi dispersada con gases lacrimóxenos, aspersores de pementa e balas de goma. Houbo varios arrestados.
Nese ano, fíxose pública a evidencia que acusaba o Departamento de Policía de Colorado Springs por ter colaborado coa Policía de Denver, para reunir o que se coñece como os Arquivos Espía. Estes arquivos conteñen información reunida polo departamento de policía a través da vixilancia de activistas, organizacións e manifestantes que non incumpriran a lei.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colorado Springs, Colorado ![]() |
- Cidade de Colorado SpringsArquivado 02 de outubro de 2003 en Wayback Machine. (en inglés)