Poznań

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°24′N 16°55′L / 52.400, -16.917

Poznań
POL Poznań flag.svg POL Poznań COA.svg
Collage of views of Poznań, Poland.jpg
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Poznań en Polonia
Poznań
Poznań
País Polonia Polonia
Voivodato Gran Polonia
Powiat Condado da cidade
Xeografía
Altitude 60-154 msnm
Superficie 261,85 km²
Poboación
Poboación 551 627 hab. (2010)
Densidade 2.100 hab/km²
Información
Código postal 60-001 a 61-890
Alcalde Jacek Jaśkowiak
Páxina web Páxina oficial de Poznań

Poznań (en latín: Posnania, en alemán: Posen, yiddish: פּױזן (Pojzn), tamén utilizado en ocasións festivas o seu nome histórico: Stołeczne Miasto Poznań, "Cidade capital de Polonia") é unha das máis antigas e grandes cidades polacas (quinta por poboación absoluta con 567.000 habitantes e sexta por extensión xeográfica), situada a beiras do río Varta. Capital da rexión da Gran Polonia e arquidiocese de Poznań. Poznań atópase entre Berlín (270 km) e Varsovia (300 km) e é un importante nó ferroviario e vía de comunicación por estrada no país (estradas europeas E30 e E261), posúe ademais un aeroporto internacional.

Poznań é recoñecida por ser o berce da nación polaca, por cumprir no pasado a función de capital do estado e por ser a residencia dos monarcas polacos. Polo nomeamento do presidente da nación, Lech Kaczyński, con data 11 decembro de 2008 foi declarada, Poznań - conxunto histórico, en recordo da memoria histórica. Poznań é candidata a Capital Europea da Cultura en 2016.

Historia[editar | editar a fonte]

A Casa do Concello de Poznań.
Antiga Praza Maior.
Catedral Poznan.
Igrexa da Colexiata de Poznan.
Museo Nacional.

Poznań é unha das cidades máis antigas da actual Polonia. É un importante centro histórico e a capital de Voivodia de Gran Polonia. Algúns historiadores pensan que foi a capital de Polonia no século X, durante o goberno dun dos primeiros knyaz de dinastía de Piastas. O territorio de influencia da cidade de Poznań recibe en polaco o nome de Poznańia, territorio que ocupa o centro-oeste da rexión chamada Gran Polonia ou (en polaco) Wielkopolska.

É un lugar hipotético do acto simbólico de bautizar a todos os polacos, cando o príncipe Mieszko I converteuse ao cristianismo. Seguramente o primeiro bispo polaco, Jordan, instalouse en Poznań, na actual Illa da Catedral coa primeira das catedrais da cidade (968).

Poznań foi a capital da rexión da Gran Polonia até que esta pasou a converterse en posesión de Prusia en 1793 coa Segunda Partición de Polonia, cando a súa área administrativa pasou a denominarse Prusia Meridional. En 1797 os límites da cidade foron ampliados para incluír os asentamentos fóra das murallas, e en 1800 anexionouse a illa de Ostrów Tumski (incluíndo a cidade separada de Chwaliszewo) e áreas sobre a beira dereita do Warta, incluíndo Śródka e as máis pequenas cidades de Ostrówek e Łacina.

Durante o Levantamento da Gran Polonia de 1806, soldados polacos e voluntarios civís colaboraron cos esforzos de Napoleón por expulsar ás forzas prusianas. A cidade converteuse en parte do Ducado de Varsovia en 1807 e capital do Departamento de Poznań. Con todo, tras o Congreso de Viena, a Gran Polonia foi devolta a Prusia, e Pozna? pasou a ser a capital do autónomo Gran Ducado de Pousen. Despois das Revolucións de 1848, Poznań converteuse en capital da Provincia prusiana de Pousen. Posteriormente pasou a formar parte do Imperio Alemán coa unificación dos estados alemáns en 1871.

Trala derrota do Imperio Alemán na Primeira Guerra Mundial, tivo lugar o Alzamento da Gran Polonia (1918-1919) que liberou a cidade así como a maior parte da Gran Polonia. Durante a Segunda República Polaca de entreguerras, foi a capital do Voivodato de Pozna?. A Universidade de Pozna?, agora coñecida como Universidade Adan Mickiewicz, foi fundada en 1919. Durante a Segunda Guerra Mundial, Polonia sufriu a ocupación Nazi e a poboación foi reprimida con severidade. En 1945, Adolf Hitler declarou a cidade un Festung (un lugar fortificado no cal as forzas alemás conducisen unha última defensa). Como Poznań atópase na ruta directa entre Varsovia e Berlín, o Exército Vermello primeiro cercou para logo asaltar a defensa alemá na Batalla de Poznań, que culminou no asalto sobre a cidadela, causando graves danos á cidade. Desde o final da guerra, Pozna? foi a capital da súa área circundante, a pesar de que as fronteiras administrativas foron modificadas en 1957, 1975, e 1999. Así mesmo, Poznań é actualmente a sede do Voivodato de Gran Polonia, unha das dezaseis provincias de Polonia.

As manifestacións obreiras e os combates contra as forzas de seguridade do 28 e 29 de xuño de 1956 (Protestas de Poznán de 1956) foron algúns dos acontecementos principais da historia recente de Polonia.

Economía[editar | editar a fonte]

Poznań é un dinámico centro empresarial, académico, científico e cultural. Centro industrial (grandes empresas - Volkswagen, MAN, Unilever, Beiersdorf, Bridgestone, Imperial Tobacco, Kompania Piwowarska) e de servizos, coa anual Feira Internacional de Poznań e oitenta exposicións diversas. As feiras de mostras, xutnanzas e congresos atraen cada ano 500 mil de visitantes (o que representa 50% do mercado feiral en Polonia), garantindo á cidade o segundo lugar entre as cidades máis importantes do turismo de negocios en toda Europa Central e do Leste).

En Poznań hai oito institutos públicos de ensino superior (entre eles 4 universidades) e dezasete escolas privadas, onde estudan aproximadamente preto de 142 mil estudantes. Por cada 1000 habitantes hai 221 estudantes, o que provoca que Poznań sexa neste sentido, a primeira cidade polaca que conte coa comunidade estudantil máis extensa. O mercado de traballo é moi favorable aos cidadáns. Poznań tiña en 2009 a menor taxa de desemprego de tódalas cidades polacas (2%), e o Voivodato da Gran Polonia menos do 10%.


Panorama da cidade de Poznań tomada dende a parte nordeste da cidade en Nowe Miasto.

Panorama da cidade de Poznań tomada dende a parte nordeste da cidade en Nowe Miasto.


Demografía[editar | editar a fonte]

Centro comercial Stary Browar.

Festividades[editar | editar a fonte]

A festa máis importante da cidade é 11 de novembro, a festa de San Martiño. Unha das rúas máis importantes da cidade chámase "Św. Marcin" (San Martiño).

Entre as festas máis importantes destaca a Feira de San Xoán (Jarmark Swietojanski) na semana do 23 de xuño, na que se desgustan Bigos compostos de col agre, moi similar ao sauerkraut alemán e varios tipos de carnes frescas, embutidos e cogomelos.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Catedral de Poznań.

Entre os sitios máis destacados para visitar en Poznań están:

  • Illa da Catedral de Poznań; A Catedral coa Capela Dourada.
  • Antiga Praza Maior (Stary Rynek).
  • A Casa do Concello do século XVI.
  • Igrexa Parroquial da Cidade.
  • O Castelo do Emperador (século XIX), construído polos Prusianos.
  • A Biblioteca dos Raczyński (século XIX) e arredores da Praza da Independencia (Plac Wolności).
  • Monumento ao Xuño de Poznań.
  • Feira Internacional de Poznań (a máis importante de Polonia)
  • O lago Malta.
  • O Parque Wilson e invernadoiro.
  • Xardíns zoolóxicos (co Zoo Antigo e Novo)

Universidades[editar | editar a fonte]

A cidade de Poznań é un importante núcleo académico en Polonia. Hai até oito universidades públicas e dezaoito privadas. Algunhas das universidades de Poznań continúan coa longa tradición de ensino, tales como a Academia Lubranski, o Colexio Xesuíta ou a Universidade de Poznań.

Universidades públicas:

  • Universidade Adam Mickiewicz
  • Universidade de Medicina "Karol Marcinkowski"
  • Universidade de Ciencias Naturais
  • Universidade de Ciencias Económicas
  • Academia de Educación Física "Eugeniusz Piasecki"
  • Academia de Belas Artes
  • Academia de Música
  • Universidade Politécnica

Institutos públicos científicos e investigación:

  • Instituto Occidental "Zygmunt Wojciechowski"
  • Biblioteca Kórnicka
  • Instituto de Física Molecular
  • Instituto de Qímica Biorgánica
  • Instituto de Xenética Humana
  • Instituto de Xenética Vexetal
  • Centro de Investigación Cósmica, "Observatorio Astroxeodinámico en Borowcz preto de Poznań"

Deporte[editar | editar a fonte]

Estadio Municipal durante un partido.

O equipo do fútbol máis importante de Poznań é o Lech Poznań, que xoga na primeira división polaca. Poznań é unha das cidades da Eurocopa 2012. Os partidos xogaranse no Estadio Municipal de Poznań.

Outros eventos internacionais:

  • 2009: XXXIV Campionato Mundial de Remo, no Lago Malta
  • 2010: XXXVIII Campionato Mundial de Piragüismo, no Lago Malta
  • 2011: Campionato Mundial de hóckey sobre herba en pista cuberta.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

A cidade está irmandada con:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Poznań Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]