Bangkok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 13°45′N 100°28′L / 13.750, -100.467

Bangkok
กรุงเทพมหานคร
Flag of Bangkok.svg
Seal of Bangkok Metro Authority.png
Bangkok Montage.png
Vistas da cidade
Localización
Bangkok en Tailandia
Bangkok
Bangkok
País Tailandia Tailandia
Rexión Rexión Central
Xeografía
Superficie 1 563,78 km²
Demografía
Poboación 8 160 522 hab. (2007)
Densidade 4 051 hab/km²
Outros datos
Código postal 10###
www.city.bangkok.go.th

Bangkok, (en tailandés กรุงเทพฯ, กรุงเทพมหานคร, ou Krung Thep Maha Nakhon na súa forma curta) é a capital de Tailandia, a cidade localízase na ribeira leste do río Chao Phraya, preto do Golfo de Tailandia. Ten 6 355 144 habitantes

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

Bangkok comezou entre os séculos XIV e XVI no que hoxe é o barrio de Thon Buri como un pequeno centro comercial e comunidade portuaria, chamada Bang Makok (lugar de ameixeiras oliváceas), servindo á cidade de Ayutthaya, que era a capital de Siam ata que caese en mans de Birmania en 1767. O xeneral Taksin, volto rei, repregou río abaixo sobre esta paraxe e decidiu fundar nel a nova capital en Thon Buri sobre o lado oeste do río Chao Phraya. Volto demente, asasinouno e substituíno o xeneral Chakri que, baixo o nome de Rama I º, volveuse o primeiro rei da nova dinastía Chakri, que reina aínda hoxe. En 1782, decidiu, por razóns de defensa, transferir a capital sobre a beira esquerda e construíu un pazo fortificado, hoxe o Gran Pazo, e darlle o nome de Krung Thep. É esta data a que está definida como fundación da cidade.

O nome de Bangkok non foi utilizado xa polos tailandeses dende a fundación desta capital. Certos habitantes das provincias máis botadas cara a atrás do país nin sequera nunca oiron falar deste nome. Por razóns descoñecidas, esta mudanza nunca a chegaron a percibir os estranxeiros, que persisten, máis de 200 anos máis tarde, en considerar inxustamente que o nome oficial é Bangkok[1].

Esplendor[editar | editar a fonte]

Durante o reinado de Chairachathiraj (1534-46), excavouse un canal no gran meandro do río onde Bangkok se atopaba para acurtar o traxecto ata a capital, o que fixo estratéxica a súa posición. E así, co esplendor de Ayutthaya no século XVII, Bangkok deveu nun porto de entrada obrigado co florecemento subseguinte de negocios e servizos. Ademais era o centro dunha feraz zona agrícola (arroceira e frutícola). No 1687, nunha época de loita por grandes intereses coloniais, o rei Narai fai a concesión do porto aos franceses para conter aos holandeses. Constrúese o forte Wichayen (hoxe Wichaiprasit) e outro máis na beira oposta para defender a cidade.

En 1767 Ayutthaya cae en poder dos birmanos e os fuxidos establecen, co autoproclamado rei Taksin, un reino con capital en Bang Makok que se coñece coma Thon Buri (o complexo pacego ao carón do Wat Arum)[2]. En 1771 arrodéase dunha muralla.

En 1782 o seu sucesor decide, por ser máis defendible, trasladar a capital á beira oposta do río, a oriental, co que ten lugar a fundación oficial de Bangkok, cun nome ceremonial do que o seu comezo di Krung Thep (cidade dos anxos). Trátase do rei Rama I, quen vai iniciar un vasto programa construtivo que sentará as bases da metrópole actual.

Así, constrúe un Gran Pazo co templo do Buda Esmeralda [3],[4] a beira do Chao Phraya entre dous templos xa existentes dende o século XVII, o Wat Pho no sur e o Wat Mahathat no norte, que amplía e renova. Ao leste protexe o complexo un primeiro canal (Lod ou Lord) excavado en tempos do rei Taksin. Un segundo canal é construído en 1785 máis ao leste, o Rob Krung, fortificado cunha muralla que continuaba tamén polo lado do río e que tiña 14 fortes [5][6]. Ista será a illa con forma de améndoa que se coñecerá coma Rattanakosin e que nomeará toda unha era [7], na que Thailandia será o único país do sueste asiático que se mantivo independente dos poderes coloniais .

Modernización[editar | editar a fonte]

O século XIX será o do desenvolvemento e modernización da urbe: pavimentación, novas avenidas (Rajdamnem), transporte público (tranvía, ferrocarril) etc. En 1851 comeza a excavarse un terceiro canal ao leste (Padung Krung Kasen)[8]. Os canais (klong) foron dende sempre (coma substitutivos das rúas para o transporte de bens e persoas), e son (de cara ao turismo) unha característica esencial da paisaxe urbana de Bangkok (A Venecia do leste) [9].

No século XX, a construción de pontes sobre o Chao Phraya (en 1932 a primeira, a ponte Memorial) vai permitir a extensión da cidade terra adentro námbalas dúas beiras, ata conformarse a metrópole de dez millóns de habitantes que é hoxe en día [10].

Nome completo[editar | editar a fonte]

กรุงเทพมหานคร อมรรัตนโกสินทร์ มหินทรายุธยามหาดิลก ภพนพรัตน์ ราชธานีบุรีรมย์ อุดมราชนิเวศน์ มหาสถาน อมรพิมาน อวตารสถิต สักกะทัตติยะ วิษณุกรรมประสิทธิ์ ou Krung Thep Mahanakhon Amon Rattanakosin Mahinthara Ayuthaya Mahadilok Phop Noppharat Ratchathani Burirom Udomratchaniwet Mahasathan Amon Piman Awatan Sathit Sakkathattiya Witsanukam Prasit o que significa A cidade dos anxos, a gran cidade, a cidade da alfaia completa, a cidade impenetrable do deus Indra, a gran capital do mundo dotada con nove xemas preciosas, a cidade feliz, que abunda nun enorme pazo real que se asemella á casa divina onde reina o deus reencarnado, unha cidade dada por Indra e construída por Vishnukarn.

Administración[editar | editar a fonte]

Mapa de Bangkok cos seus 50 distritos.

Administrativamente, Bangkok é unha das dúas áreas de administración especial de Tailandia, (a outra é Pattaya), ondes os cidadáns votan para elixir ao seu gobernador, a diferenza de nas outras 75 provincias (changwat) de Tailandia.

A dispersión urbana da Grande Metrópole de Bangkok espállase máis aló das fronteiras da provincia de Bangkok, ocupando as provincias veciñas de Nonthaburi, Samut Prakan e Pathum Thani. A provincia, como é actualmente, foi creada en 1972, cando a anterior provincia de Bangkok (changwat Phra Nakhon) foi fusionada coa provincia Thon Buri.

Bangkok está subdividido en 50 distritos (khet, tamén chamados amphoe como nas outras provincias), que son subdivididos en 169 khwaeng (แขวง).

Clima[editar | editar a fonte]

Segundo a Clasificación climática de Köppen Bangkok conta cun clima tropical seco. Sendo a temperatura máis alta rexistrada na cidade 40º, en 1983, e a máis baixa 9,9º, en xaneiro de 1955.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]