Democracia cristiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A democracia cristiá é unha ideoloxía política que existe desde os derradeiros anos do século XIX, cando o papa León XIII escribiu a encíclica Rerum Novarum, unha resposta ó socialismo e ós novos sindicatos na cal o Vaticano recoñeceu as privacións do traballador e se dispuxo a alivialas.

A Igrexa Católica aclarou a súa posición ó respecto na Quadragesimo Anno, unha encíclica feita polo papa Pío XI en 1931. Aínda que hai moitas formas de democracia cristiá, xeralmente están de acordo en certas materias. A súa idea do Estado non corresponde á dos liberais: debe ser descentralizado e estar composto de varios conxuntos, pero debe ter unha capacidade indiscutible. Os demócratas cristiáns cren que a sociedade debe ser responsable pola economía, pero non discuten os principios do capitalismo. A democracia cristiá seméllase máis ó socialismo cristián en que cre que o deber do Estado é coidar polos seus cidadáns.

Os democristiáns xeralmente seguen a posición do Vaticano en temas morais. Non obstante, a maioría deles aceptan o divorcio e o goberno secular.

A democracia cristián foi máis prominente en Italia, Alemaña e Sudamérica, destacando Chile, país que tivo tres presidentes desa tendencia: Eduardo Frei Montalva (1964-1970), Patricio Aylwin Azócar (1990-1994), Eduardo Frei Ruiz-Tagle (1994-2000).

O partido político que actualmente controla Turquía pódese describir como democracia musulmá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.