Tauranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTauranga
Tauranga-moana (mi)
Tauranga (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 37°41′09″S 176°10′00″L / -37.6858, 176.1667Coordenadas: 37°41′09″S 176°10′00″L / -37.6858, 176.1667
Reinos da CommonwealthNova Zelandia
RexiónRegião da Baia de Plenty (pt) Traducir
Distrito (pt) TraducirTauranga City (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación151.300 (2020) Editar o valor em Wikidata (900,6 hab./km²)
Xeografía
Superficie168 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Creación1882 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3110, 3112, 3116, 3118 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
UTC+12 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico07 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webtauranga.govt.nz Editar o valor em Wikidata

Tauranga (en maorí: Tauranga-moana) é a cidade máis poboada e capital da rexión neozelandesa de Bay of Plenty, na Illa Norte. A zona foi colonizada polos maorís a finais do século XIII e a comezos do século XIX polos europeos. En 1963 foi constituída oficialmente como cidade.[1] Cunha área urbana na que viven 127.700 habitantes (estimación de xuño de 2014), é a sexta cidade de Nova Zelandia por poboación. Tamén é un dos principais centros de negocios, comercio internacional, cultura, moda e horticultura do país. O porto de Tauranga é o meirande de Nova Zelandia en termos de volume de exportacións e eficiencia.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Tauranga atópase arredor dun gran porto que se estende ao longo do bordo occidental da baía da abundancia. Está protexida na costa pola illa Matakana e no interior polo xa extinto volcán Mauao

Tauranga é aproximadamente a antípoda da cidade andaluza de Xaén.

Clima[editar | editar a fonte]

Tauranga ten un marcado clima oceánico, aínda que tamén pode ser descrito como subtropical por mor do alto grao de humidade nos meses de verán.[3]

Durante o verán a cidade énchese de turistas, principalmente atraídos polas praias de area branca que se atopan entre a vila de Mount Maunganui e Papamoa.

Datos climáticos para Tauranga (1981−2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 24,0 24,0 22,5 19,9 17,4 15,1 14,5 15,0 16,6 18,1 20,1 22,3 19,1
Media diaria en °C 19,4 19,6 18,0 15,5 13,2 10,8 10,2 10,7 12,3 13,9 15,8 18,0 14,8
Media mínima en °C 14,8 15,3 13,5 11,0 9,0 6,6 5,9 6,4 8,0 9,7 11,4 13,6 10,4
Precipitación media mm 76,0 86,6 92,7 120,9 105,7 115,7 127,4 112,3 87,6 90,4 75,3 90,3 1 180,9
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 6,4 7,0 8,0 8,4 8,6 10,9 11,5 11,8 10,4 10,3 9,1 8,2 110,4
Humidade relativa media (%) 74,4 77,7 77,7 80,4 83,3 85,5 84,1 81,9 77,4 75,2 73,4 74,8 78,8
Media de horas de sol mensuais 261,5 217,3 214,0 183,9 165,3 135,4 151,0 173,4 174,1 212,7 224,2 232,7 2 345,6
Fonte: NIWA Climate Data[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tauranga City Council (ed.). "Local Government 1860 - present". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008. Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  2. "Port of Tauranga Limited". Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  3. NIWA (ed.). "Northern New Zealand". Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  4. "Climate Data and Activities". NIWA Science. Consultado o October 15, 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]