Tel Aviv
| תֵּל אָבִיב-יָפוֹ (he) | |||||
| Alcume | העיר העברית הראשונה, העיר הלבנה, עיר היונה e עיר ללא הפסקה | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Altneuland (pt) | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| País mediterráneo | Israel | ||||
| Distrito | Tel Aviv (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 467.875 (2021) | ||||
| Lingua oficial | lingua hebrea | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 52 km² | ||||
| Bañado por | mar Levantino | ||||
| Altitude | 5 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 11 de abril de 1909 | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Ron Huldai (pt) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 61000–61999 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 3 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | tel-aviv.gov.il | ||||
Tel Aviv-Jaffa[1][2] (hebreo: תֵּל־אָבִיב-יָפוֹ; árabe: تَلْ أَبِيبْ يَافَا) é a segunda cidade máis poboada de Israel, e está localizada na costa do mar Mediterráneo. Tamén forma a maior área metropolitana do estado de Israel, o chamado Gush Dan.
A densidade de poboación é de 7445 persoas por km². De acordo coa Oficina Israelí de Estatísticas (CBS), en xuño do 2006, a poboación da cidade situábase nos 380 600 habitantes, cun crecemento anual do 0,9%. O 96,1% dos cidadáns son xudeus, mentres que o 3 % son árabes musulmáns e o 0,9 % son árabes cristiáns. Algunhas estimacións din que na cidade residen uns 50 000 traballadores ilegais.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O nome de Tel Aviv en hebreo significa "Outeiro (tell|tel) da primavera (aviv)". Este é o nome dado por Nahum Sokolow para a tradución hebrea do libro de Theodor Herzl Altneuland ("A vella nova terra").
Xeografía
[editar | editar a fonte]Clima
[editar | editar a fonte]Tel Aviv ten un clima mediterráneo con veráns quentes e húmidos, e invernos chuviosos. A temperatura media do verán é de 26 °C e no inverno é de 12 °C. A humidade tende a ser alta durante todo o ano, especialmente entre os meses de outubro e abril, a estación húmida. A media de precipitacións é de 530 milimetros. No inverno a temperatura pode caer unha ou dúas veces a 6 °C polas mañás. A temperatura tamén pode chegar aos 35 °C durante as vagas de calor.
Cultura
[editar | editar a fonte]En Tel Aviv destacan varias institucións culturais como o Instituto Afro-asiático para Estudos de Traballo e Cooperación , a Orquestra Filharmónica de Israel, o Habimah, que é o Teatro Nacional de Israel, e o Museo de Tel Aviv. Destaca tamén a casa preservada en memoria de Haim Nachman Bialik, un recoñecido poeta nacional. Foi considerada Patrimonio Mundial no 2003.
Política e goberno
[editar | editar a fonte]Alcaldes da cidade
[editar | editar a fonte]- Meir Dizengoff (1921–1925)
- David Bloch (1925–1927)
- Meir Dizengoff (1928–1936)
- Israel Rokach (1936–1952)
- Chaim Levanon (1953–1959)
- Mordechai Namir (1959–1969)
- Yehoshua Rabinowitz (1969–1974)
- Shlomo Lahat ("Chich") (1974–1993)
- Ronnie Milo (1993–1998)
- Ron Huldai (1998–)
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]
|
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Santa María, I. e Massó, N. (2009). "Tel Aviv-Jaffa". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 192. ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ "Tel Aviv-Jaffa". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2015. ISBN 978-84-8288-942-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tel Aviv |
