Lexislatura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enténdese por lexislatura o período de tempo que transcorre entre eleccións políticas, e correspóndese co mandato exercido polos representantes políticos elixidos.

No Parlamento de España e nos de todas as súas comunidades autónomas as lexislaturas teñen unha duración ordinaria máxima de catro anos. Cabe dicir o mesmo no que respecta ás eleccións das administracións locais.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.