Akureyri
| Akureyri (is) Akureyrarbær (is) | |||||
| Alcume | Capital of North Iceland | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| País insular | Islandia | ||||
| Rexión | Norðurland eystra | ||||
| Concello | Akureyrarbær (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 20.050 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua islandesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 136 km² | ||||
| Altitude | 40 m | ||||
| Creación | 1786 (Xuliano) | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Ásthildur Sturludóttir (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 600, 603 e 630 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 4 | ||||
| ISO 3166-2 | IS-AKU | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | akureyri.is | ||||
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Akureyri é unha cidade situada no norte de Islandia, ao fondo do fiorde de Eyjafjörður arrodeada de montañas, Súlur a 1 213 metros sobre o nivel do mar, e Hlíðarfjall a 1 116 metros, é o segundo centro urbano despois da área de Reiquiavik; segundo o censo de 2021 tiña 19 219 habitantes e segundo o de 2023, 19 623.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Helgi Magri Eyvindarson, procedente de Noruega asentouse na área no século IX, aínda que a primeira mención de Akureyri data do ano 1562 cando unha muller foi condenada aquí por adulterio. No ano 1602 os daneses estableceron un posto comercial , aproveitando o porto natural e por ser a rexión circundante boa para a agricultura.
O asentamento permanente comezou no ano 1778 e o rei de Dinamarca concedeulle a Akureyri o status de cidade en 1786. Á cidade foille concedido un foro municipal para favorecer a consolidación dos asentamentos permanentes en Islandia, en 1836 perdeu a súa licenza como posto comercial pero foille de novo concedido en 1862, co que comezaron a aparecer numerosas pequenas industrias derivadas dos produtos agrícolas, aumentando no século XX co éxodo do campo á cidade. Dende 1990 as industrias pesqueiras veñen desprazando ás manufacturadas e os ingresos procedentes do turismo aumentan ano a ano.
A Universidade de Akureyri fundouse en 1987.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "All Urban Settlements (Iceland): Urban Localities in Municipalities". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Akureyri |
| A Galipedia ten un portal sobre: Islandia |

