O movemento indio de autogoberno foi un movemento de masas que conectou con grandes sectores da sociedade. Tamén estivo caracterizado por un proceso de evolución ideolóxica constante.[1] Malia que a base ideolóxica era anticolonial, estivo sustentada por unha visión de desenvolvemento económico independente acompañado dunha estrutura política secular, democrática, republicana e liberal..[2] Despois da década de 1930, o movemento asumiu unha forte orientación socialista por mor da crecente influencia da esquerda no Congreso e polo crecemento do Partido Comunista da India.[1] A Liga Musulmá formouse en 1906 como un partido musulmán separado que en 1940 reivindicou o estado separado de Paquistán. O traballo de todos estes movementos levaron á Acta de independencia da India de 1947, que conseguiu a secesión da India e a creación de Dominio de Paquistán. India permaneceu como dominio da Coroa Británica até o 26 de xaneiro de 1950, cando a Constitución da India foi aprobada, estabelecendo a República da India; Paquistán foi un dominio até 1956, cando adoptaron a súa primeira constitución republicana. En 1971, Paquistán oriental declarou a súa independencia como República Popular de Bangladesh.
Brown, Judith M. Gandhi's Rise to Power: Indian Politics 1915–1922 (Cambridge South Asian Studies) (1974)
MK Gandhi. My Experiments with Truth Editor's note by Mahadev Desai (Beacon Press) (1993)
Brown, Judith M., 'Gandhi and Civil Resistance in India, 1917–47', in Adam Roberts and Timothy Garton Ash (eds.), Civil Resistance and Power Politics: The Experience of Non-violent Action from Gandhi to the Present. Oxford & Nova York: Oxford University Press, 2009. ISBN 978-0-19-955201-6.
Jalal, Ayesha. The Sole Spokesman: Jinnah, the Muslim League and the Demand for Pakistan (Cambridge South Asian Studies) (1994)