Colectivismo
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
O colectivismo é o desenvolvemento en grupo dunha teóría ou práctica. Adoita usarse este termo en oposición ao individualismo. Algúns psicólogos definen o colectivismo como unha síndrome de actitudes e comportamentos baseados na crenza de que a unidade básica de supervivencia recae nun grupo, non no individuo. O colectivismo abarca unha ampla categoría de filosofías non individualistas. O colectivismo é considerado por moitos diametralmente oposto ao individualismo. Con todo, ambos os dous, o colectivismo e máis o individualismo, poden interpretarse de distinto xeito por diferentes persoas.
Algúns tipos de colectivismo sinalan que o ben do grupo é máis importante que o ben individual, outras alegan mentres que calquera grupo está finalmente feito de individuos, o individuo incidentalmente serve ao seu propio interese ao servir aos intereses do grupo (noutras palabras, en tanto o grupo prospera, todos os membros do grupo prosperan). Os detractores desta última posición alegan que é difícil, se non imposible, imaxinar que o beneficioso para un grupo, é sempre beneficioso para cada individuo que o integra. O colectivismo pode tamén estar asociado con altruísmo, xa que o que é bo para o grupo pode concebiblemente requirir o sacrificio de, polo menos, algún interese individual.
Política
[editar | editar a fonte]Algúns políticos colectivistas sosteñen que diferentes grupos teñen intereses competitivos, e que os intereses e características individuais están, de feito, vinculados aos intereses e características do seu grupo. Nesta liña de pensamento, considérase que as diferenzas entre grupos son máis significativas que as diferenzas individuais dentro dos grupos. Outros políticos colectivistas salientan a noción de igualdade e solidariedade, e ven a todos os seres humanos como parte dun mesmo grupo con intereses similares. Manteñen que a competencia e rivalidade, entre individuos ou pequenos grupos, é ante todo contra-produtiva ou prexudicial, e deberá entón substituírse por algunha forma de cooperación.
As críticas políticas ao colectivismo sosteñen que este salienta o grupo suprimindo os dereitos individuais, por exemplo, segundo os críticos do colectivismo, a democracia pode ser vista como unha forma de colectivismo cando a maioría do grupo é capaz de diminuír a liberdade de individuos en minoría, simplemente porque constitúen a maioría. Así, os opoñentes ao colectivismo argumentan que unicamente os individuos poden lexitimamente ter dereitos, non os grupos, e avogan pola protección constitucional dos dereitos individuais ante o mandato da maioría.
Economía
[editar | editar a fonte]O colectivismo, en xeral, é un campo da economía que sostén que as cousas deben ser propiedade dun grupo (e supostamente usarse no beneficio de todos) máis que propiedade de individuos (propiedade privada). O socialismo adoita asociarse con esta concepción filosófica, aínda que é de notar que non é aplicable a todas as visións existentes do socialismo. O concepto de propiedade colectiva resulta central neste punto de vista favorable ao grupo, en oposición á propiedade privada. Algúns aplican isto só a bens de capital e terra, mentres outros colectivistas argumentan que todos os bens de consumo deben observarse como bens públicos, e son difíciles de, ou non deberían privatizarse; é o caso de bens naturais, de defensa nacional, de xustiza e de información.
Os comunistas cren que non soamente os medios de produción, senón o produto do traballo debería colectivizarse e os salarios abolirse. A conferencia de Florencia da Federación da Internacional, ao mostrar os principios anarcocomunistas, sinalou: "A Federación Italiana da Internacional considera propiedade colectiva aos produtos do traballo e como complemento necesario do programa colectivista…'"
os colectivistas consideran que confiar na elección individual para contribuír aos bens públicos leva a fallos do mercado e a un problema de parasitismo. Vese entón que a acción colectiva, o cumprimento das autoridades e a presión ou coerción social, son o único xeito confiable de asegurar o abastecemento de bens ou servizos públicos.
Sociedades colectivistas
[editar | editar a fonte]Existen moitos exemplos de sociedades ao redor do mundo que se caracterizaron a elas mesmas ou externamente como "colectivistas".
Por unha banda, existen estados socialistas, que colectivizaron a maioría dos sectores económicos. Doutra banda, existen os kibutzim de Israel (comunas voluntarias, onde as persoas viven e cultivan xuntos, e onde a propiedade é colectiva), e comunidades como Freetown Christiania en Dinamarca (un pequeno experimento político autónomo centrado ao redor dunha instalación militar abandonada en Copenhague) onde se vive un estilo de vida colectivista.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |