José García Morales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José García Morales
AlcumeMaletas
 Vigo
Falecemento14 de agosto de 1945
 O Porriño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

José García Morales, Maletas, nado en Vigo e finado no Porriño o 14 de agosto de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 loitou nas barricadas de Lavadores. En 1938 organizou co seu irmán Rogelio García Morales un grupo guerrilleiro composto por comunistas e anarquistas. Logo da morte do seu irmán en Vilar de Infesta (Redondela) o 15 de outubro de 1939, reorganizou o grupo con Avelino Otero Montes, pero xa baixo o control de Manuel Simón Campos. O grupo operou nos montes de Mos e realizou varias accións en Tameiga, Petelos, Nordales e Ponte de Guizo. En 1944 o grupo de supervivientes reuníronse ao grupo de Benigno Andrade García "Foucellas". Integrouse no destacamento Paco Barreiro. O 14 de agosto de 1945, estabeleceron un control na estrada de Vigo a Ourense e apoderáronse de 32.000 pesetas nun vehículo da empresa "Distribuidora de Huevos de Jimeno y Cía". O grupo foi perseguido pola Garda Civil e José García foi abatido no monte Saramagoso (na parroquia de Louredo) xunto con Urbano Fernández Bastos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Instituto de Estudios Vigueses, ed. Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo. ISBN 84-89599-33-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]