Manuel Gómez Cantos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Gómez Cantos
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1892 Editar o valor em Wikidata
San Fernando, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 1977 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Gómez Cantos, nado en San Fernando o 25 de marzo de 1892 e finado en Madrid o 29 de maio de 1977, foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun oficial de terceira da Mariña, estudou na Academia de Infantaría de Toledo. En 1920 obtivo o pase á Garda Civil como primeiro tenente.

Na Guerra civil[editar | editar a fonte]

Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba á fronte da Garda Civil de Villanueva de la Serena, sumouse á rebelión e apresou o alcalde e os concelleiros de esquerda. Matou un concelleiro, feriu ao alcalde e efectuou 60 detencións. Fuxiu a Miajadas dez días despois. En 1937 foi nomeado responsable dunha unidade de contra-guerrilla nas comarcas estremeñas de Hornachos, La Granja, Llerena e Guadalcanal. En 1938 foi delegado de Orde Público na zona de La Serena, cando foi conquistada polas tropas nacionais. O 8 de setembro de 1938 organizou na praza da vila un xuízo popular que condenou a execución sumaria os 33 prisioneiros de Villanueva de la Serena que aínda estaban na cadea de Badaxoz. Á fronte dunha brigada móbil actuou nas zonas limítrofes das provincias de Badaxoz, Huelva, Sevilla e Córdoba, sendo ascendido a Comandante e condecorado coa Medalla Militar.

Gobernador civil de Pontevedra[editar | editar a fonte]

En marzo de 1939 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra co encargo de solucionar o problema dos fuxidos. Desde o momento da súa toma de posesión o 14 de abril, mostrou a súa peculiaridade como por exemplo no uso da prensa como arma política e plataforma persoal. Iniciou varias actuacións populistas como a reconstrución das infraestruturas provinciais e a construción de vivendas sociais. Para solucionar o problema dos escapados, decretou a posta en liberdade de todos os presos gobernativos e publicou un bando para que todos os fuxidos que non tivesen as mans manchadas de sangue se presentase ante el para regular a súa situación. Logrou a presentación de máis de 200 fuxidos. Foi cesado o 25 de agosto dese ano.

Contra o maquis[editar | editar a fonte]

Regresou a Estremadura como tenente coronel e á fronte da Comandancia de Cáceres foi nomeado responsable das forzas encargadas da persecución dos fuxidos en 1942. O 28 de agosto de 1942 mandou asasinar en Alía a 30 persoas elixidas ao chou para aterrorizar á poboación. No verán intentou repetir o castigo con 90 persoas, pero o sacerdote Ambrosio Eransus, comandante castrense, logrou impedilo. En abril de 1945, ao saber que un grupo de maquis tomara Mesas de Ibor varias horas e desarmara aos catro gardas civís, ordenou fusilalos inmediatamente por covardes. Por negarlle os auxilios espirituais aos gardas, o bispo de Cáceres e o cardeal primado Enrique Plá y Deniel fixeron presión a Francisco Franco e Gómez Cantos foi procesado e estivo uns meses na cadea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. pp. 335–381. ISBN 84-89599-33-5. 
  • García Carrero, Francisco Javier (2013). Manuel Gómez Cantos. Historia y memoria de un mando de la Guardia Civil. Cáceres: Universidad de Extremadura. ISBN 978-84-7723-067-0. 
  • García Carrero, Francisco Javier (2012). "Manuel Gómez Cantos, un mando de la Guardia Civil entre el deshonor y la represión" (PDF). Pasado y Memoria. Revista de Historia Contemporánea (11): 255–276. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2014. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]